SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A FER difunde un gráfico interactivo para concienciar sobre a importancia da reciclaxe urbana

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Baixo o título “A túa cidade recíclase!”, os cidadáns teñen a oportunidade de coñecer os múltiples materiais que forman parte da contorna urbana e que, ao chegar ao final da súa vida útil, poden ser transformados en novos produtos grazas á actividade da industria da reciclaxe.
  • Abórdase a reciclaxe de vehículos de transporte, RAEE, téxtiles, pneumáticos fóra de uso, etc.
  • Con esta iniciativa, FER pretende sensibilizar á poboación sobre a importancia de reducir a produción de residuos e separalos correctamente para propiciar a súa reciclaxe, e poñer en valor a actividade crucial que leva a cabo a industria española da reciclaxe.

Cerceda, a 15 de xaneiro de 2021.- Baixo o título “A túa cidade recíclase!”, a Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (FER) lanzou un gráfico interactivo a través do cal os cidadáns teñen a oportunidade de coñecer os múltiples materiais que forman parte da contorna urbana e que, ao chegar ao final da súa vida útil, poden ser transformados en novos produtos grazas á actividade da industria da reciclaxe.

Na infografía, á que se pode acceder a través da páxina Web de FER, o usuario pode interactuar con ata 23 elementos habituais na súa vida cotiá para coñecer que materiais os compoñen e como son xestionados polo sector reciclador. É o caso dos vehículos de transporte como coches, trens, avións e barcos, así como aparellos eléctricos e electrónicos de uso común – RAEE- (teléfonos móbiles, computadores, televisores, electrodomésticos, etc)..

Igualmente, abórdanse outros fluxos de refugallos tales como os téxtis, os pneumáticos ao final da súa vida útil (NFU) ou os procedentes da construción, con numerosos datos e curiosidades que axudarán ao cidadán a ser consciente da importancia da súa contribución á cadea de valor da reciclaxe e, polo tanto, á transición cara á economía circular.

Con esta iniciativa pedagóxica, FER pretende sensibilizar á poboación sobre a importancia de reducir os residuos que se xeran e de realizar unha correcta separación dos mesmos para ser transformados en novas materias primas. Igualmente, quere mostrar, dunha forma didáctica e asequible, o labor crucial que leva a cabo a industria española da reciclaxe, conformada maioritariamente por pemes, para contribuír a un modelo de crecemento baseado no desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente.

Fonte e imaxe: Retema

15 Xan 2021

Galería