SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Feroz pola vida", unha campaña virtual do PNUMA para aprender a protexer os océanos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Con esta iniciativa, os interesados poden facer unha viaxe inmersiva a través de tres ecosistemas mariños únicos, pero intimamente relacionados como son os mangleiros, os pastos mariños e os arrecifes de coral, que se atopan ameazados por actividades humanas como o desenvolvemento do turismo, a pesca e a contaminación.
  • Así mesmo, os internautas teñen a oportunidade de explorar a maxia da vida submariña poñéndose na pel de tres personaxes diferentes, isto é, un turista, un navegante e un pescador, que representan ás persoas que visitan o océano en vacacións, por traballo ou porque viven preto deste.

Cerceda, a 31 de xullo de 2020.- O PNUMA lanza a campaña “Feroz pola Vida”, unha viaxe virtual e inmersiva a través de tres ecosistemas mariños únicos, pero intimamente relacionados: os mangleiros, os pastos mariños e os arrecifes de coral, que se atopan ameazados por actividades humanas como o desenvolvemento do turismo, a pesca e a contaminación.

Durante o itinerario, os internautas teñen a oportunidade de explorar a maxia da vida submariña a través de tres personaxes diferentes, isto é, un turista, un navegante e un pescador, que representan ás persoas que visitan o océano en vacacións, por traballo ou porque viven preto deste. Cada un ten unhas motivacións propias e pode presentar unha ameaza concreta, así como unha oportunidade única de protexer os ecosistemas.  Desta forma resulta máis sinxelo entender como a biodiversidade nos proporciona bens e servizos vitais para a humanidade, as ameazas ás que se enfrontan estes ecosistemas e como accións sinxelas poden axudar a protexer mellor estes hábitats interconectados.

Ademais dos mangleiros, os interesados tamén exploran os pastos mariños, “a gardaría do mar”, onde se coida ás criaturas mariñas novas e vulnerables ata que son o bastante fortes para irse a arrecifes e outros ecosistemas mariños. 

A última viaxe realízase nos arrecifes de coral, as cidades subacuáticas do mar. Aínda que os corais son un dos ecosistemas máis produtivos e con maior biodiversidade do planeta, tampouco se salvan do impacto negativo da actividade humana. Alí, o turista aprende que a protección solar que utiliza pode afectar negativamente ao coral. Os protectores solares feitos con produtos químicos como a avobenzona e a oxibenzona son tóxicos para os arrecifes de coral, mentres que os de minerais son seguros para a pel e para os arrecifes.

A BIODIVERSIDADE, EN PERIGO

A biodiversidade mundial está diminuíndo máis rápido que en ningún outro momento da historia da humanidade, segundo o informe de 2019 da Plataforma Intergobernamental Científico-Normativa sobre Diversidade Biolóxica e Servizos dos Ecosistemas (IPBES)Un millón de especies de plantas silvestres e animais silvestres enfróntanse á extinción, moitas delas en cuestión de décadas.

Leticia Carvalho, coordinadora da subdivisión de Auga Doce e Océanos do PNUMA, afirmou que gozar duns ecosistemas saudables aporta innumerables beneficios aos seres humanos.

“Os arrecifes de coral son os ecosistemas con maior biodiversidade do océano. Neles habitan preto de 25% das especies mariñas e proporcionan sustento a, alomenos, 500 millóns de persoas en todo o mundo. Por desgraza, tamén son o ecosistema máis vulnerable ao cambio climático. Chegou o momento de que os Estados Membros sumen esforzos para facer fronte á crise global dos arrecifes de coral e protexer este valioso ecosistema”, dixo Carvalho.

Proximamente estarán dispoñibles viaxes virtuais a turbeiras, sabanas e bosques.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=VBfF6hQkY9g&feature=emb_logo

Fonte: ONU Medio Ambiente

Imaxe: Pixabay

31 Xul 2020

Galería