SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A Fundación Biodiversidad lanza unha nova edición dos Labs Emprendeverde

Print this pagePrint this page
  • Na mesma terán a oportunidade de participar máis dun cento de persoas emprendedoras que xa teñan unha idea de negocio verde e/ou azul, pero que necesiten axuda para madurar e validar o seu proxecto sostible con carácter previo ao seu lanzamento ao mercado.
  • Trátase de laboratorios gratuítos de formación e experimentación desenvolvidos pola Rede emprendeverde, da que forman parte máis de 9.000 persoas.
  • Ademais da formación e o acompañamento especializado ás persoas seleccionadas, os Labs emprendeverde realizan un seguimento durante os 6 meses seguintes á súa participación, momento no que obteñen un acceso prioritario aos servizos de apoio que ofrece a Rede para a constitución das súas empresas.

Cerceda, a 8 de outubro de 2019.-  A Fundación Biodiversidad lanzou unha nova edición dos Labs emprendeverde, laboratorios gratuítos de formación e experimentación desenvolvidos pola Rede emprendeverde, integrada por máis de 9.000 persoas e que promove á súa vez o Programa empleaverde, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, de cara a  impulsar a creación de empresas no ámbito da economía verde e azul. 

Na mesma terán a oportunidade de participar máis dun cento de persoas emprendedoras que xa teñan unha idea de negocio verde e/ou azul, pero que necesiten axuda para madurar e validar o seu proxecto sostible con carácter previo ao seu lanzamento ao mercado.

Poderán elixir entre catro itinerarios formativos especializados en ámbitos tales como o cambio climático, a economía circular, o desenvolvemento rural sostible ou o intercambio de ideas con Europa, que nesta edición focalizarase no intercambio co innovador ecosistema de emprendemento verde de Portugal (Lab Conexión Europea).

Os participantes adquirirán coñecementos claves para poñer en marcha o seu negocio a través de metodoloxías innovadoras consolidadas como o Design Thinking, o Business Model Canvas ou visitas a empresas e charlas cun equipo de expertos para tomar nota de casos prácticos de éxito e as últimas tendencias.

Conforme á experiencia acumulada pola Rede emprendeverde, a maioría das persoas que desexan emprender un proxecto verde contan con coñecementos avanzados na súa área de especialización e unha alta sensibilidade medioambiental, pero necesitan mellorar a súa bagaxe e habilidadesen xestión empresarial.

FORMACIÓN, ACOMPAÑAMENTO E DIFUSIÓN

Ademais da formación e o acompañamento especializado ás persoas seleccionadas, os Labs emprendeverde realizan un seguimento durante os 6 meses seguintes á súa participación, momento no que obteñen un acceso prioritario aos servizos de apoio que ofrece a Rede emprendeverde para a constitución das súas empresas.

Adicionalmente, os que creen a súa empresa contarán co respaldo da Fundación Biodiversidad para dar difusión á súa iniciativa e recibirán un selo de empresa constituída co apoio da Rede emprendeverde.

O emprendemento verde pode actuar como ferramenta transformadora para transitar cara a unha economía máis verde e xusta, contribuíndo coas súas iniciativas a aportar solucións para a mitigación e a adaptación ao cambio climático, a promover novos modelos de produción máis circulares que minimicen a xeración de residuos e un uso máis eficiente dos recursos, a contribuír ao desenvolvemento sostible e a fixar poboación en zonas despoboadas e rurais.

#ADÁPTATE AO CAMBIO CLIMÁTICO

A Rede emprendeverde organiza tamén o encontro #Adáptate ao cambio climático para que 15 persoas con empresas verdes xa creadas poidan xerar novas oportunidades de colaboración, compartir a súa experiencia e mellorar as súas habilidades para adaptar a súa iniciativa aos efectos do cambio climático. O encontro celebrarase mañá e pasado (9 e 10 de outubro) na sede da Fundación Biodiversidad.

Fonte e imaxe: Fundación Biodiversidade

Saúdos, Departamento de Comunicación

8 Out 2019

Galería