Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Galicia impulsa a primeira ruta europea de mergullo de turismo sostible

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Esta iniciativa enmárcase no proxecto “The Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route” (WAOH! Route), que ten por obxecto descubrir o patrimonio subacuático.
  • No mesmo participa a Comunidade galega, xunto a Reino Unido, Irlanda e Portugal, pretendendo conectar lugares de mergullo de primeiro nivel, á vez que se establecen sinerxías cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía marítima.

 Cerceda, a 13  de marzo de 2018.- A directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, presentou recentemente, no municipio pontevedrés de O Grove, a primeira ruta  de turismo sostible de mergullo “The Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route” (WAOH! Route), que ten por obxecto descubrir o patrimonio subacuático.

No marco do proxecto europeo Wildsea Europe, a Comunidade galega participa nesta iniciativa xunto a Reino Unido, Irlanda e Portugal, pretendendo con isto conectar lugares de mergullo de primeiro nivel ao longo de máis de 5.000 quilómetros de costa atlántica, establecendo ao mesmo tempo sinerxías cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía marítima.

Tal e como destacou Nava Castro “É unha perfecta oportunidade na que Galicia ofrecerá a súa personalidade e singularidade como destino e tamén a experiencia na posta en marcha de produtos vinculados ao mar, que poderán enriquecer este novo itinerario internacional”.

O proxecto está cofinanciado pola Unión Europea, cunha achega de 375.000 euros para a súa posta en marcha, sendo a súa pretensión fortalecer a Europa como destino sostible de alta calidade e capaz de crear unha identidade compartida baseada nos hábitats mariños e no amplo patrimonio subacuático do Atlántico.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E DE RECREO

Baixo o paraugas do turismo de mergullo, este combinarase con actividades náuticas que incluirán percorridos en kayak polas rías galegas, avistamento de cetáceos e ata saídas coas que descubrir o patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros mergullados nas profundidades, cuxo coñecemento permitirá promover a súa conservación e protección como atractivo de turismo cultural.

Preténdese así crear unha marca común que aglutine a actual oferta de actividades turísticas vinculadas ao mergullo, deportes náuticos, enogastronomía, turismo mariñeiro e arqueoloxía marítima.

O proxecto tamén servirá de aliciente para novas experiencias transnacionais que impulsen a actividade de empresas especializadas neste campo. WAOH! Route atraerá un mercado en crecemento, especialmente no campo internacional, onde se contabilizan seis millóns de mergulladores e máis de 20 millóns de afeccionados ao kayak.

Fonte: www.turismo.gal

Foto: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Mar 2018

Galería