Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Humana dá unha nova vida a 1,7 millóns de prendas recollidas en Galicia

Print this pagePrint this page
  •  A Fundación recupera nesta comunidade 825 toneladas de roupa usada durante o primeiro semestre para promover a súa reutilización e reciclado.

Xullo 2018. Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que desde 1987 promove a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España, recuperou 825 toneladas de téxtil usado en Galicia  durante o primeiro semestre de 2018. Este rexistro equivale a 1,7  millóns de prendas ás que Humana dá unha nova vida e que son reintroducidas no mercado a través da reutilización ou a reciclaxe.

As prendas proceden dos contedores de cor verde onde se deposita a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non utilizamos e aos que Humana dá unha segunda vida. O servizo de recollida do téxtil é gratuíto e representa un aforro importante nos gastos de recollida e eliminación de residuos sólidos urbanos.

A reutilización e a reciclaxe de téxtil contribúen ao aforro de recursos, a protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As 825 toneladas recollidas de xaneiro a xuño representan un aforro de 2.615 toneladas de CO2 á atmosfera, cousa que o planeta agradece.

Xerarquía de xestión de residuos

As prendas depositadas nos contedores de Humana teñen dous destinos: o 61% trátase nas plantas de preparación para a reutilización da Fundación (tres: en Madrid, Barcelona e Granada) e o resto véndese a empresas de reutilización e reciclaxe.

As prendas tratadas teñen os seguintes destinos:

  • O 61% prepárase para a reutilización: o 15% destínase ás tendas de moda sostible de Humana en España e o 46% expórtase, principalmente a África, para ser vendido a prezos de mercado para xerar recursos para a cooperación ao desenvolvemento.
  • O 29% atópase nun estado que non permite a súa reutilización, polo que se vende a empresas de reciclaxe téxtil para que elaboren outros produtos como mantas, illantes ou trapos para a industria de automoción.
  • O 1% son residuos impropios (plástico, cartón, outros) e ponse en mans de xestores autorizados correspondentes.
  • O 9% envíase a un centro de tratamento de residuos para a súa disposición final, dado que non se poden reutilizar, nin reciclar nin valorizar enerxeticamente.

Sobre Humana Fundación Pueblo para Pueblo

Humana Fundación Pueblo para Pueblo promove desde 1987 a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e desenvolve programas de cooperación en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España. A Fundación leva a cabo campañas de sensibilización en torno á importancia da reutilización e a reciclaxe de téxtil para a protección do medio ambiente e como fonte de recursos para a cooperación nos países do Sur. Humana conta con máis de 550 empregados. Forma parte da Federación Humana People to People, que agrupa a organizacións de 30 países.

Departamento de Comunicación

Juan Carlos Montes

649 055 818

joancarles.montes@humana-spain.org

-------------------------------------

Rubén González

91 432 07 34 - 650 368 079

11 Xul 2018

Galería