Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Implicación e innovación, principais atributos dos proxectos "Recíclate con Sogama"

Print this pagePrint this page
  • Técnicos ao servizo de Sogama realizaron a segunda visita de seguimento aos 22 centros escolares de educación primaria que participan nesta iniciativa, saldándose esta cun resultado moi positivo e alentador.
  • Os tres erres constitúen o sustento de todos os proxectos desenvolvidos nos centros, se ben moitos destacan pola aplicación de medidas innovadoras con bos  resultados na xestión ambiental.
  • É o caso da firme aposta que fixeron  algúns colexios por reducir os envases plásticos, substituíndoos por outros  reutilizables, a habilitación de puntos verdes para a recollida de residuos especiais e ata a transformación artesanal de residuos en productos  que logo venden a través da súa propia cooperativa escolar.
  • Recíclate con Sogama é un programa de educación ambiental canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia co que se persegue unha xestión sostible do lixo que priorice a redución, a reutilización e a reciclaxe.

Cerceda, a 17 de abril de 2018.-  Técnicos ao servizo da Sociedade Galega do Medio Ambiente levaron  a cabo a segunda visita de seguimiento aos 22 centros escolares de educación primaria que participan no seu programa “Recíclate con Sogama” e os resultados provisionais, cualificados como  moi positivos, auguran que o curso académico concluirá con boas  notas en materia ambiental.

A través de entrevistas cos profesores-coordinadores, os monitores da empresa pública tomaron nota dos distintos traballos realizados polos colexios desde o inicio do presente curso académico, constatando, non só o gran interese e dedicación por parte da comunidade educativa, senón tamén o carácter innovador das iniciativas desenvolvidas para profundar no coñecemento dos residuos e contribuír á súa mellor xestión.

DE RESIDUOS A RECURSOS

Os tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) constitúen o punto de referencia para o desenvolvemento  de actividades que, en moitos casos, están sustentadas, coordinadas e supervisadas polas denominadas “patrullas verdes”,  nas que participan alumnos que, co seu traballo diario, queren axudar a construír  un mundo mellor recollendo refugallos, depositando cada tipoloxía no contedor correspondente e, moi importante, contribuíndo a formar e a concienciar a   os seus compañeiros no correcto tratamento dos mesmos. En moitos casos, asumen ata o rol de “policías” e impoñen sancións por malas condutas.

A participación en “Recíclate con Sogama” levou a algúns  colexios a involucrarse noutras  iniciativas de grandes dimensións. Referímonos ao proxecto nacional Libera, promovido conxuntamente por Ecoembes  e SEO Bird/Life, e cuxo obxectivo é liberar o lixo  da contorna e facer fronte ao denominado “Littering” ou “Basuraleza”.

Outros centros apostaron  por intensificar as súas accións internas habilitando un punto verde para a recollida de residuos especiais como tóners, CDs, pilas, á vez que   promoven unha tarefa de concienciación destinada ás familias para realizar compras máis racionais e adquirir produtos con menos envases e envoltorios.

Velando tamén polos intereses dos veciños dos seus concellos, decidiron abordar estudos de contenerización para coñecer as necesidades dos cidadáns en canto a número  recipientes para depositar as distintas fraccións de residuos.

Ademais de todo isto, un colexio ourensán quixo dar un paso importante na súa política de xestión de residuos ao subsituír os vasos plásticos de usar e tirar, a través dos cales os pequenos consumían o leite das merendas, por outros  reutilizables, evitando desta forma xerar desperdicios innecesarios, e outro coruñés decidiu explicar, dunha forma moi gráfica, o proceso de desintegración dos materiais cando se arroxan á natureza.

A elaboración de xogos tradicionais con materiais  de refugallo constitúe unha tarefa habitual, coa particularidade de que un centro quixo aproveitalos tamén para fabricar as medallas dunha carreira solidaria “Save the Children”, destinando a esta ONG toda a recaudación.

A edición de publicacións medioambientais contémplase igualmente no traballo das escolas, contando noticias de interese e ata dando conta de receitas de cociña a partir de sobras de comidas, unha forma de aproveitar recursos, reducir lixo e aforrar diñeiro.

Outro dos centros, cunha clara visión empresarial, apostou por transformar, de forma artesanal, os residuos en produtos  que logo venden a través da súa propia cooperativa, tendo creado así unha liña de negocio orientada a obter  ingresos económicos para o propio centro e investilos en material didáctico.

MEDIOS PARA UN PROGRAMA EDUCATIVO DE REFERENCIA

Esta é a sexta edición do programa Recíclate con Sogama, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, pretendendo co mesmo fomentar a recollida selectiva de residuos nos colexios a fin de propiciar o seu posterior reciclado. Con tal fin, a Sociedade pública proporcionou aos 22 centros participantes todos os medios materiais e divulgativos para levar a cabo os seus proxectos: illas de reciclaxe conformada por tres contedores (amarelo, azul e verde) para depositar de forma diferenciada os distintos residuos; un composteiro para a materia orgánica, obtendo así un abono natural de alta calidade co que fertilizar as súas hortas e xardíns; e diversas ferramentas pedagóxicas (presentacións, vídeos, xogos físicos e en liña, folletos, carteis, guías didácticas, etc) que se complementan con visitas ao complexo medioambiental de Cerceda para que os pequenos poidan comprobar o resultado de  o seu esforzo e coñezan por si  mesmos a actividade de Sogama na correcta xestión e tratamento dos residuos urbanos que xeran nos seus fogares e escolas.

Saúdos, Departamento de Comunicación

17 Abr 2018

Galería