SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"A industria non está rifada coa protección ambiental; a clave reside na sostibilidade"

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así o manifestou o presidente de Sogama, Javier Domínguez, nunha mesa redonda promovida pola Voz de Galicia baixo o título “Cerceda, unha oportunidade para a industria”, na que tamén participou o Alcalde da localidade, contando igualmente con representantes de entidades tales como Naturgy, o Grupo Malasa, Vertia Enxeñería.
  • Domínguez deixou constancia das melloras acometidas no Complexo Medioambiental de Cerceda durante os últimos anos e o camiño percorrido por esta Sociedade para chegar a ser verdadeiramente a Sogama Circular: menos residuos, máis reciclaxe e menos vertido.
  • Así mesmo, fixo especial fincapé na firme aposta desta compañía polo transporte sostible ao ter promovido o uso do tren como medio preferente.
  • Insistiu nos importantes beneficios ambientais, económicos e sociais que o modelo Sogama reportou e reporta ao posibilitar o selado e clausura de máis de 300 vertedoiros municipais; ao propiciar a creación de emprego estable con 1.000 postos de traballo (entre directos e indirectos); e ao contribuír a reforzar a cultura ambiental con ambiciosos programas de formación, concienciación e sensibilización en torno á xestión sostible dos residuos urbanos.

Cerceda, a 2 de xullo de 2020.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, móstrase convencido que é posible un desenvolvemento sostible no que se integren de forma equilibrada os tres elementos que deben estar presentes para ser entendido como tal: o crecemento económico, a protección ambiental e a cohesión social. Exemplo disto son grandes e pequenas empresas que levan a cabo a súa actividade cumprindo de forma rigorosa coa lexislación vixente, velando polo benestar dos seus empregados e reportando á sociedade o froito do seu traballo diario.

Disto deixou constancia nunha mesa redonda promovida pola Voz de Galicia baixo o título “Cerceda, unha oportunidade para a industria”, e que tivo lugar no Centro Tecnolóxico do Polígono Industrial de O Acevedo, contando igualmente coa intervención o Alcalde da localidade, Juan Manuel Rodríguez; o Director Territorial de Naturgy; Julio Gonzalo; o Conselleiro Delegado do Grupo Malasa, Antonio Pérez Patiño; e o Xerente de Vertia Enxeñería, Javier García Villamisar.

CARA A SOGAMA CIRCULAR

Domínguez deixou constancia das melloras acometidas no Complexo Medioambiental de Cerceda durante os últimos anos, destacando a ampliación da capacidade de tratamento desta infraestrutura (subindo das 550.000 toneladas nominais a 1.000.000) e o camiño percorrido por esta Sociedade para chegar a ser verdadeiramente a Sogama Circular: menos residuos, máis reciclaxe e menos vertido.

Neste sentido, subliñou o importante labor da nova planta de recuperación dos materiais reciclables contidos no lixo en masa. Concibida en liña coa industria 4.0, contribuirá a incrementar os índices de reciclaxe da comunidade galega e a chegar ao vertido técnico cero 15 anos antes do establecido polo Parlamento Europeo para os Estados membros. Subliñou que no vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa depositaranse unicamente aqueles residuos que non se poidan reciclar nin valorizar enerxeticamente.

Así mesmo, fixo especial fincapé na firme aposta de Sogama polo transporte sostible ao promover o uso do tren como medio preferente. Se ben en 2016 movíanse por ferrocarril o 25% dos residuos que entraban no Complexo Medioambiental, esta porcentaxe atópase nestes momentos no 55%, priorizando un medio máis respectuoso coa contorna, con menor sinistralidade, maior sincronización horaria e menores molestias cidadás.

Domínguez insistiu nos importantes beneficios ambientais, económicos e sociais que o modelo Sogama reportou e reporta ao posibilitar o selado e clausura de máis de 300 vertedoiros municipais que non cumprían as mínimas condicións de seguridade e control, así como a eliminación de 3.000 puntos de vertido ilegal; ao propiciar a creación de emprego estable con 1.000 postos de traballo (entre directos e indirectos); e ao contribuír a reforzar a cultura ambiental con ambiciosos programas de formación, concienciación e sensibilización en torno á xestión sostible dos residuos urbanos.

“É O MOMENTO DE REINVENTARSE”

En canto á saída ao COVID-19, Domínguez Lino explicou que, no caso de Sogama, ao prestar un servizo esencial para a comunidade, pouco se modificou ou modificará o labor da compañía, salvado naqueles aspectos vinculados directamente a postos de oficina e visitas, tendo implantado xa un exhaustivo protocolo de prevención e seguridade.

No caso dos traballadores da planta, estas medidas xa eran moi rigorosas antes da crise sanitaria, extremándose aínda máis.

Non obstante, dixo ser plenamente consciente de que o coronavirus  impactou de forma negativa noutros sectores produtivos que terán que reinventarse, nuns casos, e reorientarse, noutros. Abundou na necesidade de aprender que somos vulnerables a acontecementos externos e alleos á xestión e, por suposto, á vontade, e que das crises tamén poden saír novas oportunidades de negocio e redescubrir novas áreas de actividade.

“Estou convencido de que en Galicia hai moito talento e que conseguiremos sacar o mellor desta dura etapa e reactivar aqueles sectores máis afectados”, concluíu.

 Saúdos, Departamento de Comunicación

2 Xul 2020

Galería