Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Innovación e creatividade para evitar o desperdicio alimentario

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Un emprendedor, Tristram Stuart, perplexo ao comprobar que cada día se desperdiciaban nunha fábrica de pan de sándwich 13.000 rebadas, fíxose cunha antiga receita de cervexa Babylone, cuxo ingrediente principal é o pan.
  • O seu proxecto “Toast Ale” ten por misión rescatar mil millóns de rebadas de pan excedentes e levar a cabo ao mesmo tempo unha tarefa de sensibilización social na materia.
  • O seguinte paso será lanzar a súa cervexa en latas de 330 mililitros a través dunha campaña de microfinanciación colectiva.
  • As latas, ademais de conservar o sabor da cervexa, son máis lixeiras e fáciles de transportar e amontoar, circunstancia que reduce de forma notable as emisións.

Cerceda, a 16 de xullo de 2019.- Cada ano desperdíciase un terzo dos alimentos que se producen a nivel mundial para o consumo humano; un malgaste que afecta a múltiples ámbitos: ambiental, económico, social e moral. Os colectivos sociais van tomando conciencia da situación, pero aínda queda moito por facer, coa particularidade de que, cando se desperdicia un alimento, non só estamos malgastando o produto en si, senón todos os recursos que foron empregados para o seu cultivo: terra, traballo dos agricultores, combustible, transporte, distribución e venda.

ONU Medio Ambiente dá a coñecer o caso de Tristram Stuart, quen en 2016 quedouse perplexo ao comprobar, nunha visita a unha fábrica de pan de sándwich, que cada día descartábanse 13.000 rebandas. Posteriormente, coñeceu en Bruxelas unha antiga receita de cervexa chamada Babylone, cuxo ingrediente principal é o pan. E aí naceu o seu proxecto “Toast Ale”, unha cervexa elaborada con restos de pan. Michael Lawrence, membro do seu equipo, está dándoa a coñecer nos bares de Londres para concienciar sobre o desperdicio alimentario e promover solucións sinxelas, locais e innovadoras a este problema.

A misión de Toast Ale é rescatar mil millóns de rebandas de pan excedentes e levar a cabo ao mesmo tempo unha tarefa de sensibilización na materia. O seguinte paso será lanzar a súa cervexa en latas de 330 mililitros a través dunha campaña de microfinanciación colectiva. As latas, ademais de conservar o sabor da cervexa, son máis lixeiras e fáciles de transportar e amontoar, circunstancia que reduce de forma notable as emisións no proceso de carga.

Usar sobras de alimentos de forma creativa pode ser unha boa alternativa para combater o desperdicio de comida. O equipo considera que todas as persoas poden facer algo ao respecto.

Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

16 Xul 2018

Galería