Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A inversión en bioeconomía circular, unha prioridade no sector papeleiro

Print this pagePrint this pagePrint this page
  •  Cun incremento do 21% respecto do ano anterior, ascendeu en 2018 a 471 millóns de euros, un 9,9% da facturación.
  • Así se recolle no Informe Anual do Sector Papeleiro presentado recentemente por ASPAPEL, no que se contemplan datos de especial interese no ámbito industrial, medioambiental, económico e social.
  • Destácase así o incremento da facturación nun 8,6%, procedendo nun 56% das exportacións; o incremento do consumo de papel nun 1,9%; e o dos papeis para embalaxes, todos moi por riba do PIB
  • A infraestrutura industrial do sector, conformada por 70 fábricas de papel e 10 de celulosa, dá emprego directo a 16.595 persoas (un 1,9% máis), cun 89% de contratos indefinidos. Isto tradúcese nunha achega global á economía española da cadea de valor no seu conxunto que ascende ao 4,5% do PIB e ao 18,5% do emprego industrial.

Cerceda, a 17 de xullo de 2019.- Recentemente, ASPAPEL presentou un completo Informe Anual do Sector Papeleiro no que se recollen datos de especial interese no ámbito industrial, medioambiental, económico e social.

Entre outras moitas informacións, alúdese a que a facturación viuse incrementada nun 8,6%, chegando aos 4.779 millóns de euros, procedendo nun 56% das exportacións.

Se ben os papeis gráficos (é dicir, os destinados a papel prensa e, en menor medida, aos papeis para impresión e escritura) ven descender a súa produción nun 16%, os destinados a envases, hixiénicos e especiais aumentan en porcentaxes que van do 7 ao 2%.

Os papeis para embalaxes crecen todos moi por riba do PIB. Isto é debido a que as embalaxes de papel e cartón, dado o seu carácter renovable, reciclable e biodegradable, están substituíndo, cada vez máis, a outros materiais de recursos non renovables, circunstancia que se reforza polo auxe do comercio electrónico.

Desta forma, o consumo de papeis para cartón ondulado increméntase nun 4,3% e achégase aos 3,3 millóns de toneladas e o cartón estucado aumenta o seu consumo nun 7,4%, superando as 770.000 toneladas. Non obstante, o maior crecemento, nun 11,6%, rexístranno outros papeis para envases e embalaxes tales como bolsas, sacos, tubos, celulosa moldeada, etc, que se sitúan nas 499.000 toneladas consumidas.

En termos xerais, o consumo de papel aumentou nun 1,9%, encadenando así cinco anos de crecemento do consumo que se sitúa en 6,9 millóns de toneladas.

Neste sentido, cabe sinalar que España é o quinto consumidor de papel da UE en volume, tras Alemaña, Italia, Francia e Reino Unido, posicionándose o consumo per cápita en 147,5 quilos, fronte aos 146 quilos do ano anterior.

INDUSTRIA E EMPREGO

A nivel laboral, indicar que, con 70 fábricas de papel e 10 de celulosa, o sector pechou 2018 con 16.595 empregados directos, o que vén a representar un 1,9% máis, e cun 89% de contratos indefinidos. O sector eríxese así nun importante motor da cadea de valor do papel, cunha achega global á economía española que ascende ao 4,5% do PIB e ao 18,5% do emprego industrial.

A cadea de valor do papel supón o 8,8% da facturación da industria e o 13,2% do seu valor engadido, xerando un valor engadido moi superior á media da industria española.

Mención especial merece o feito de que o sector se decantara polo uso de materias primas locais. O 96% da madeira e o 73% do papel para reciclar que utiliza a industria española da celulosa e o papel como materia prima son de procedencia local.

O AUXE DA BIOECONOMÍA CIRCULAR

Así mesmo, cabe aludir aos investimentos en bioeconomía circular (1.366 millóns en incrementos de capacidade e en innovación e renovación tecnolóxica durante os últimos catro anos), que se focalizaron en produtos de crecente demanda tales como os papeis para embalaxes e papeis de maior valor engadido como os especiais.

En 2018, os investimentos, cun incremento do 21% respecto do ano anterior, ascenden a 471 millóns de euros, un 9,9% da facturación.

Fonte e imaxe: ASPAPEL

Saúdos, Departamento de Comunicación

17 Xul 2018

Galería