SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Investigadoras da UPM crearon morteiros reciclados para o sector da construción

Print this pagePrint this page
  • Demostraron como os residuos de las minerais pódense utilizar como alternativa ás fibras de reforzo que se utilizan actualmente nos materiais de construción.
  • Desta forma, obtiveron un novo morteiro de cemento que, por primeira vez, recicla materiais illantes e reduce o consumo da area empregada na súa fabricación.
  • Estímase que en 2020 xeraranse na Unión Europea máis de 2,5 millóns de residuos de las minerais, caracterizados pola súa difícil reutilización e escasas taxas de reciclado e formas de recuperación.

Cerceda, a 17 de xullo de 2019.- Investigadoras da Escola Técnica Superior de Edificación da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) demostraron como os residuos de las minerais pódense utilizar como alternativa ás fibras de reforzo que se utilizan actualmente nos materiais de construción, coa particularidade de que conseguiron mellorar as propiedades mecánicas e térmicas dos produtos aos que se incorporan,  evitando o seu depósito en vertedoiro.

Desta forma, obtiveron un novo morteiro de cemento que, por primeira vez, recicla materiais illantes e reduce o consumo da area empregada na súa fabricación. Un novo exemplo de que a economía circular tamén está presente na construción, toda vez que os refugallos procedentes deste sector tamén se poden transformar en recursos de alto valor.

Un dos residuos que crece de forma exponencial no ámbito da construción son as las minerais, materiais usados para o illamento térmico e acústico que  contribúen ao aforro enerxético dos edificios. Estímase, ademais, que en 2020 xeraranse nos 28 países da Unión Europea máis de 2,5 millóns de residuos destes materiais, caracterizados pola súa difícil reutilización e escasas taxas de reciclado e formas de recuperación.

Un equipo de investigadoras desta Universidade leva anos estudando e analizando como a reciclaxe pode aplicarse mesmo aos propios materiais cos que se constrúen as nosas vivendas. Desta forma, averiguaron que, tanto a estrutura química como a microestrutura dos morteiros que incorporan fibras recicladas é similar á dos morteiros sen fibras, polo que non hai un cambio significativo causado pola adición destas fibras que afecte á funcionalidade do morteiro.

Curiosamente, tamén constataron que, aínda que as fibras recicladas procedan dun vertedoiro, as súas propiedades non se ven afectadas. Unha das expertas manifestou que “se demostrou cientificamente que os morteiros que incorporan residuos de la mineral son máis lixeiros, polo que, unido á súa composición química, melloran as propiedades illantes con respecto a outros morteiros con fibras comerciais”

Noutro estudo concluíron que os compostos obtidos teñen propiedades mecánicas similares aos que conteñen fibras comerciais empregadas hoxe en día, cunha resistencia á flexión mellorada pola incorporación deste tipo de residuos.

E nun dos seus últimos traballos, as investigadoras pretenderon reducir ao máximo os áridos empregados para a elaboración dos morteiros de cemento, toda vez que a area, seguida da auga e por diante dos combustibles fósiles, é o recurso natural máis demandado do mundo. Ao respecto, a investigadora principal sinala que “con estes morteiros ecolóxicos conséguese reciclar ata un 50% do volume da area empregada, o que supón unha gran cantidade de aforro de materia prima e unha reciclaxe de máis de 100kg de la mineral por tonelada de cemento”.

Fonte e imaxe: Universidade Politécnica de Madrid

Saúdos, Departamento de Comunicación

17 Xul 2018

Galería