SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Javier Domínguez asiste ao acto de clausura do espazo radiofónico Ecovoz

Print this pagePrint this page
  • Se as condicións climatolóxicas acompañan, o evento terá lugar cara ao mediodía no parque acuático de Cerceda (A Coruña) e contará coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.
  • Farase entrega dos premios aos gañadores das distintas seccións de Ecovoz, incluíndo o especial Ecovaledor, que nesta ocasión recaeu no Instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria.
  • Culmina así outra edición de Ecovoz que dará paso a unha nova na que o programa cumprirá dúas décadas nas ondas.

Cerceda, a 19 de xuño de 2019.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, asiste este mediodía ao acto de clausura do espazo radiofónico Ecovoz, unha iniciativa de educación ambiental promovida por Radio Voz Galicia e que se achega aos 20 anos en antena vendo pasar a xeracións e xeracións de escolares que deixaron a súa impronta e, sobre todo, a súa ilusión en lograr unha maior protección ambiental que permita á sociedade avanzar cara  un mundo mellor.

Se as condicións climatolóxicas acompañan, o evento terá lugar no parque acuático de Cerceda (A Coruña) e contará coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ademais doutras autoridades e, por suposto, os profesores e alumnos dos 16 colexios que participaron no tradicional concurso “O Ecopreguntoiro”, onde cada semana poñen a proba os seus coñecementos medioambientais na xestión sostible dos residuos urbanos.

O acto contempla a entrega de premios ás distintas seccións de Ecovoz. É o caso do galardón á mellor Ecofotografía e Ecovídeo, que foron para o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo.

O alumno autor da primeira manifestou no seu momento que conseguir a instantánea, bautizada co título “Cabaliño do demo”, foi complicado, xa que se trata dun pequeno animaliño que se asusta facilmente e tivo que armarse de moita paciencia.

Baixo o título  “Ameneiro”, a través do Ecovídeo os escolares carballeses narraron a historia do seu curso e o coñecemento do patrimonio natural como fórmula para conservalo; un labor de equipo do que se senten moi orgullosos e que lles permitiu profundar noutros valores tales como o compañeirismo e a empatía.

Así mesmo, haberá un recoñecemento específico para todos os colexios que participaron na edición 2019, recaendo o premio no CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, quen confesaron a súa paixón pola radio e as posibilidades que entraña para transmitir mensaxes de calado.

Tamén se fará entrega do galardón Ecovaledor ao Instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), pola súa dedicación, entrega e excelente traballo realizado pola comunidade educativa a favor do medio ambiente, levando a cabo distintos proxectos a través dos cales se prima a orde e a limpeza, esenciais para o coidado da contorna e a boa convivencia.

Culmina así outra edición de Ecovoz que aglutina dúas décadas informando, formando, concienciando e sensibilizando sobre a necesidade de coidar o planeta no que vivimos cunha razón de peso: non hai outro.

Saúdos, Departamento de Comunicación

19 Xuñ 2019

Galería