SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Knowlledge Hub, a gran base de datos da economía circular

Print this pagePrint this page
  • Circle Economy pon esta ferramenta a disposición de cidades e rexións.
  • A través desta plataforma dixital, compártense coñecementos e experiencias de máis de 40 países

Cerceda, a 8 de febreiro de 2019.- Circle Economy é unha empresa social, organizada en forma de cooperativa e radicada en Amsterdam, cuxo obxectivo é acelerar a transición cara á economía circular mediante solucións prácticas que poidan adaptarse a calquera escala.

Con esa finalidade, pon a disposición das cidades e rexións de todo o mundo unha biblioteca dixital denominada “Knowledge Hub”, a maior base de datos aberta, mediante a que se pode obter información sobre tecnoloxías, iniciativas e políticas tendentes á implantación da economía circular.

Ata o de agora, as experiencias neste terreo apenas transcendían do ámbito local en que se desenvolvían. Con esta ferramenta desaparece esa barreira invisible e todas as cidades e os distintos órganos lexislativos poderán acceder á información existente na base de datos e compartir os coñecementos e experiencias materializadas ao longo e ancho do planeta.

MÁIS DE 300 EXEMPLOS DE POLÍTICAS CIRCULARES

Polo momento, Knowledge Hub conta xa con máis de 300 supostos de políticas circulares, desenvolvidas en máis de 40 países, dando lugar a diversos instrumentos normativos.

Poderíanse destacar, entre todos eles, os seguintes:

- O sistema de recolección de residuos de pago por uso, desenvolvido pola rexión de Flandes, que cobra aos fogares en función da cantidade de refugallos xerados.

- O plan FoodSave implantado en Londres, que permitiu a redución da produción de residuos de alimentos en restaurantes, cafés e locais de comidas, mediante auditorías gratuítas.

Son só dous exemplos da información dispoñible nesa gran base de datos aberta que seguirá crecendo a medida que avancen as políticas sobre economía circular.

Fonte: www.circle-economy.com

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

8 Feb 2019

Galería