SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Lánzase unha nova ferramenta en liña para mellorar o ecodeseño

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Enmarcada no proxecto CIRC-PACK, permite aos produtores de envases (plástico e cartón) avaliar a súa reciclabilidade e os seus indicadores relacionados coa economía circular

Cerceda, a 22 de maio de 2020.- Enmarcada no proxecto CIRC-PACK, financiado pola Unión Europea, o Centro de Investigación Español CIRCE, desenvolveu unha nova ferramenta en liña que permite ao sector do empaquetado rexistrar os datos do produtos e obter unha avaliación de sostibilidade a través dunha serie de medidas de ecodeseño, que abarcan diferentes etapas do ciclo de vida. O obxectivo desta iniciativa é mellorar o rendemento de sostibilidade de cada produto.

Aitana Sáez de Guinoa Vilaplana, Xerente de Proxectos de Tecnoloxía en CIRCE e coordinadora de CIRC-PACK, explica: “Baseado no traballo que realizamos en CIRC-PACK para desenvolver e probar máis aplicacións de empaquetado circular, creamos esta ferramenta permitindo que outros fagan o mesmo. Ao introducir datos diferentes sobre o formato específico no que está traballando un desenvolvedor, a ferramenta pode suxerir posibles formas de mellorar o rendemento e a sostibilidade, fomentando a implementación de estratexias de deseño ecolóxico. A ferramenta fai posible recibir comentarios fácilmente e sen custo”, indicou.

Os diferentes indicadores para cada produto inclúen materiais utilizados, composición, tamaño, peso e preguntas sobre o proceso de deseño e fabricación.

Pódese probar a nova ferramenta en https://circpack.fcirce.es ou obter máis información sobre a mesma na plataforma de resultados Horizon: ‘Circular packaging ecodesign assessment tool’.

Fonte: Retema

Imaxe: Pixabay

22 Mai 2020

Galería