SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Lalín adscríbese ao programa de compostaxe doméstica de Sogama con 350 familias

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A empresa pública subministrou outros tantos composteiros, con capacidade para 390 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables.
  • O concello abriu o prazo de inscrición para que os interesados teñan a oportunidade de formar parte desta iniciativa.
  • Así mesmo, técnicos de Sogama impartirán no seu momento formación presencial, que será reforzada coa entrega de manuais didácticos de apoio.

Cerceda, a 24 de febreiro de 2020.- O concello pontevedrés de Lalín adheriuse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, no marco do cal distribuirá 350 composteiros entre outras tantas familias. Os recipientes, de 390 litros de capacidade, están fabricados con materiais reciclados e reciclables.

O obxectivo do ente local é avanzar na valorización da materia orgánica, aplicando o principio de proximidade. Para isto abriu un prazo de inscrición a fin de que os veciños interesados poidan inscribirse nesta iniciativa. Condición indispensable é que habiten nunha vivenda unifamiliar que dispoña de terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante, pechando así o círculo de recuperación dos residuos orgánicos, que retornan á terra en forma de fertilizante natural.

Unha vez asinados os 350 composteiros dispoñibles, técnicos de Sogama impartirán formación presencial co obxectivo de explicar os pormenores da técnica e o proceso a seguir: desde a propia ubicación do composteiro, que debe estar en contacto directo coa terra, ata a relación de materiais que deben e non deben depositarse no mesmo, así como o control de parámetros de gran relevancia tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade.

Esta formación será reforzada coa entrega de manuais didácticos de apoio aportados por Sogama para que poidan complementar información e solventar dúbidas.

Adicionalmente, tamén teñen á súa disposición unha páxina web www.compostaconsogama.gal, na que atoparán recursos divulgativos de gran interese tales como contidos online, xogos e vídeos.

Saúdos, Departamento de Comunicación

24 Feb 2020

Galería