SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

LIBERA convoca unha nova edición da campaña “1 m2 polo campo, os bosques e o monte”

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Comezará mañá, día 4, e estenderase ata o 12 de decembro, sendo o seu obxectivo continuar recollendo datos para analizar a tipoloxía e volume de residuos que son abandonados nestas contornas.
  • A pasada edición contou coa colaboración de 4.400 voluntarios en 268 puntos do país, logrando analizar un total de 3,7 toneladas de lixo e categorizar 46.306 obxectos.
  • As pezas de plástico inferiores a 2,5 cm, as cabichas e as botellas plásticas, os residuos máis atopados.

Cerceda, a 3 de decembro de 2021.- As fontes de lixo terrestres supoñen a achega do 80% dos residuos mariños. Isto, sumado ao abandono de refugallos nos espazos naturais, constitúen graves problemas ambientais para a biodiversidade.

Neste marco, o proxecto LIBERA, promovido por SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes, lanza unha nova edición da campaña ‘1 m2 polo campo, os bosques e o monte’, que comezará mañá, día 4, e estenderase ata o 12 de decembro. O seu obxectivo non é outro que continuar recollendo datos para analizar a tipoloxía e volume dos residuos que son abandonados nestas contornas.

Os colectivos participantes empregarán a app móbil ‘eLitter’, unha ferramenta de traballo pioneira na caracterización de residuos, desenvolvida polas asociacións Paisaje Limpio e Vertidos Cero, en colaboración con LIBERA. Os datos obtidos integraranse na base de datos do MITECO e sumaranse aos obxectos xa caracterizados que LIBERA recompila no seu ‘Barómetro da Basuraleza’.

Na pasada edición de ‘1 m2 polo campo, os bosques e o monte’, colaboraron preto de 4.400 voluntarios en 268 puntos do país, logrando analizar un total de 3,7 toneladas de lixo e categorizar 46.306 obxectos. As pezas de plástico inferiores a 2,5 cm, as cabichas e as botellas plásticas constitúen os residuos máis atopados.

Con esta convocatoria, LIBERA pecha a súa última campaña de ciencia cidadá do ano tras a celebración de ‘1 m2 polas praias e os mares’, que tivo lugar o pasado mes de setembro-outubro, e coa que se conseguiron recoller 4,7 toneladas de lixo e caracterizar ao redor de 20.500 obxectos; e ‘1 m2 polos ríos, encoros e pantanos’, que se celebrou no mes de marzo, en 338 puntos fluviais, recollendo preto de 75.048 obxectos.

Fonte e imaxe:  Ecoembes

3 Dec 2021

Galería