SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

LIBERA presenta o primeiro protocolo de mostraxe e identificación de microplásticos en ríos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Desenvolvido pola asociación Hombre y Territorio (HeT), o obxectivo do mesmo é coñecer a presenza e orixe de microplásticos en ríos e outros sistemas acuáticos e, desta forma, propoñer solucións baseadas na ciencia e nos datos de ciencia cidadá.
  • Para poñer a punto a metodoloxía de campo visitáronse máis de 30 ríos e tívose en conta que estivesen nos sete ecosistemas terrestres máis representativos do noso país.

Cerceda, a 26 de xuño de 2020.- A asociación Hombre y Territorio (HeT), no marco do seu convenio co Proxecto LIBERA, deseñou o primeiro protocolo para a toma de mostras e identificación de microplásticos en ríos e outros sistemas acuáticos continentais de España. O fin último do mesmo é expor distintas solucións baseadas na ciencia.

Para a súa elaboración leváronse a cabo, ao longo dun ano, probas de campo e de laboratorio, ao tempo que se desenvolveron convenios con entidades técnicas e de investigación.

Para poñer a punto a metodoloxía de campo, visitáronse máis de 30 ríos e tívose en conta que estivesen nos sete ecosistemas terrestres máis representativos do noso país: acuático interior; hábitat agrícola e parameras; bosque atlántico; bosque mediterráneo; bosque de ribeira; hábitat costeiro; e de montaña e rocoso.

Pola súa banda, para a metodoloxía de laboratorio contouse coa colaboración do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ecoloxía da Universidade de Sevilla e co Servizo de microanálise do Centro de Investigación, Tecnoloxía e Investigación (CITIUS). Así, logrouse poñer a punto os tratamentos de filtrado e preanálise, identificación con lupa e análise do polímero (natureza do plástico) por detección con infravermello, unha das técnicas máis avanzadas actualmente.

Desta forma, conseguiuse definir unha metodoloxía de mostras baseada na experiencia e a mellora continua e, sobre todo, aplicable en diversos escenarios, xa que cumpre cos principios de seguridade, asepsia, control e replicabilidade.

Esta metodoloxía poderá, por tanto, ser empregada tanto a nivel nacional como internacional por outros estudos similares que requiran de mostraxe de microplásticos en ríos e augas continentais, así como por distintos perfís: desde profesorado de secundaria para poñer en marcha un taller, ata un equipo de investigación, pasando por asociacións ou equipo técnico de espazos naturais ou de Confederacións Hidrográficas para o seguimento da calidade de auga.

Este protocolo ten unha gran importancia xa que, malia que o 80% de todo o lixo que chega ao mar provén de terra, os ecosistemas terrestres e fluviais atópanse menos estudados que os océanos, onde se estima que preto de 10 millóns de toneladas de lixo chegan cada ano.

Acceso ao protocolo: https://proyectolibera.org/wp-content/uploads/2020/06/Protocolo_muestreo_an%C3%A1lisis_micropl%C3%A1sticos_r%C3%ADos_Proxecto_Libera_HyT-web.pdf

Fonte e imaxe: Ecoembes

26 Xuñ 2020

Galería