Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Life Ip Intemares, o maior proxecto de conservación do medio mariño en Europa

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Cun prazo de execución ata o 31 de decembro do ano 2024 e un orzamento de 49,8 millóns de euros, a previsión é que, co mesmo, España poderá cumprir co compromiso internacional de protexer máis do 10% da súa superficie mariña.
  • Trátase da primeira iniciativa nacional na que se combinan distintos fondos comunitarios para a xestión dunha ampla rede de espazos protexidos, entre eles o Programa Life da Unión Europea, o Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.
  • Coordinado polo MAPAMA, a través da Fundación Biodiversidade, actuando igualmente como socio mediante a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, o proxecto aglutina a participación do Instituto Español de Oceanografía, WWF-España, SEO/BirdLife e a Confederación Española de Pesca.
  • Innovación, participación e integración son algúns dos principios que guían a execución das preto de 50 accións que se porán en marcha os próximos anos grazas a  LIFE IP INTEMARES.

Cerceda, a 17 de abril de 2018.- Cun prazo de execución ata o 31 de decembro de 2024 e un orzamento de 49,8 millóns de euros, LIFE IP INTEMARES “Xestión integrada, innovadora e participativa da Rede Natura 2000 no medio mariño español”, configúrase a día de hoxe como o maior proxecto de conservación do medio mariño en Europa e a primeira iniciativa nacional na que se combinan distintos fondos comunitarios para a xestión dunha ampla rede de espazos protexidos, entre eles o Programa Life da Unión Europea, o Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. 

Non en van, aborda todas as políticas europeas e nacionais no medio mariño, distinguíndose polo seu alto carácter demostrativo. De feito, a previsión é que, con esta iniciativa, España poderá cumprir co compromiso internacional de protexer máis do 10% da súa superficie mariña.

Tomando como referencia o Marco de Acción Prioritaria para a Rede Natura en España 2014-2020 e a experiencia aglutinada a través do proxecto LIFE+INDEMARES, o obxectivo fundamental de LIFE IP INTEMARES é precisamente xestionar de forma eficaz e innovadora os espazos mariños da Rede Natura 2000, contando para isto coa activa participación dos sectores implicados, tanto os socioeconómicos como os usuarios do mar.

PRINCIPIOS RECTORES

E neste cometido comprometéronse distintas entidades. Desde o propio Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), que asume a coordinación do proxecto a través da Fundación Biodiversidade, actuando igualmente como socio mediante a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, ata o Instituto Español de Oceanografía, organismo público de referencia en investigación mariña, e dúas grandes organizacións conservacionistas como WWF-España e SEO/BirdLife, ademais da Confederación Española de Pesca.

Pero, máis aló dos socios, moitos outros actores sumáronse ao proxecto, contabilizando xa máis de 30 entidades e administracións, entre as que se atopan cinco Ministerios, todas as Comunidades e Cidades Autónomas litorais e dos países limítrofes (Portugal e Francia).

A previsión é que, nos próximos anos, se poñan en marcha preto de medio centenar de accións vinculadas á investigación, peza clave para a toma de decisións, ao seguimento e á vixilancia, á conservación, á gobernanza e á participación, e, por suposto, á comunicación, a sensibilización e a educación ambiental, dado o seu carácter esencial.

Os principios de innovación, participación e integración guían a execución das actuacións referenciadas, de aí que se promovan enfoques innovadores en relación coa Rede Natura 200 mariña, tanto no ámbito da gobernanza como no uso das novas tecnoloxías para a monitorización e o control de espazos mariños.

Outra das súas cualidades é o seu enfoque integrador, xa que integra diversas políticas, como é o caso da Política Marítima Integrada da Unión Europea, as Estratexias Mariñas, a Directiva Marco sobre Ordenación do Espazo Marítimo ou a Política Pesqueira Común na Rede Natura 2000 mariña.

Fonte: Fundación Biodiversidad

Saúdos, Departamento de Comunicación

17 Abr 2018

Galería