Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Máis de 200 escolares de Lugo cidade instruiranse na reciclaxe coa axuda de Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O próximo 5 de decembro, esta empresa pública impartirá sesións formativas no CEIP Sagrado Corazón, mentres que o día 12 o fará en “As Gándaras”.
  • As explicacións xirarán en torno á correcta xestión dos residuos a través da aplicación do principio dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe), profundando no consumo responsable, a diminución do desperdicio alimentario e as bondades da compostaxe doméstica.
  • Ambas xornadas servirán igualmente para que os estudantes consulten todas as súas dúbidas neste ámbito e que reforcen os seus coñecementos para levar a cabo unha tarefa educativa na súa contorna máis inmediata.

Cerceda, a 3 de decembro de 2019.-  Máis de 200 escolares do CEIP “Sagrado Corazón” e do CEIP “As Gándaras” de Lugo serán formados por Sogama en materia de reciclaxe. As sesións terán lugar os próximos días 5 e 12 de decembro respectivamente.

En ambos casos, os monitores explicarán a problemática que representa a elevada produción de residuos nas sociedades modernas e o risco que este fenómeno trae consigo se non se aplican as boas prácticas por parte dos distintos sectores de poboación.

Neste sentido, apelarase á colaboración cidadá, toda vez que desempeña un papel esencial a través do consumo responsable e consciente, a redución da xeración de lixo en orixe, o máximo aproveitamento dos produtos e a activa participación na reciclaxe, previa segregación dos materiais por tipoloxías e posterior depósito dos mesmos nos contedores habilitados nas vías públicas.

Adquirir artigos a granel e co menor envase e embalaxe posible, levar a bolsa de casa á compra, aproveitar o papel por ambas caras e dar prioridade aos utensilios con recambio, rexeitando os de usar e tirar, constitúen pequenos xestos con grandes beneficios.

COMER SI, TIRAR NON

Tamén se prestará atención ao desperdicio alimentario, xa que un terzo da comida que se produce no mundo para o consumo humano acaba refugada.

Se ben as perdas teñen lugar en toda a cadea de produción, subministración e consumo, o certo é que o fogar contribúe a esta mala praxe nun 42%, sendo o pan, as froitas e as hortalizas os alimentos que, con maior frecuencia, acaban no cubo do lixo.

Neste marco, proporcionaranse pautas para actuar con responsabilidade: revisar primeiro a despensa e a neveira para consumir antes os produtos máis antigos, adquirir só o necesario, diferenciar entre data de caducidade e data de consumo preferente (a primeira indica o momento a partir do cal un produto pode ser prexudicial para a saúde e, a segunda, o momento no que, se ben   pode perder propiedades tales como textura, sabor e olor, non representa unha ameaza para a saúde), facer un oco na cesta da compra para os alimentos feos, xa que teñen as mesmas propiedades nutritivas que os guapos, axustar as racións ao número de comensais e aproveitar as sobras para elaborar novos menús.

Tomando como referencia distintos exemplos, intentarase trasladar á comunidade educativa que, cando se tira un tomate ao lixo, desperdícianse todos os recursos que se investiron no seu cultivo, transporte e comercialización (terra, traballo dos agricultores, combustible, auga, enerxía, etc.).

COMPOSTAXE DA MATERIA ORGÁNICA

Falarase tamén de compostaxe doméstica, unha magnífica alternativa para os residuos alimentarios (non comestibles) e os restos vexetais. O colexio de “As Gándaras” dispón dun composteiro subministrado por Sogama, de 400 litros de capacidade e fabricado con materiais reciclados e reciclables, onde profesores e escolares depositan a materia orgánica xerada no comedor para a súa transformación en compost, un abono natural, 100% ecolóxico, que logo aplican na súa horta e xardín.

As xornadas servirán igualmente para que os estudantes consulten todas as súas dúbidas e que reforcen os seus coñecementos para levar a cabo unha tarefa educativa na súa contorna máis inmediata.

Saúdos, Departamento de Comunicación

3 Dec 2019

Galería