SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Máis de 4,5 billóns de cigarros acaban abandonados na natureza cada ano

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Con motivo do Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrou o pasado 31 de maio, o Proxecto LIBERA recordou o negativo impacto das cabichas na natureza e a necesidade de facer fronte a este problema, toda vez que constitúen un dos principais residuos que se atopan nas contornas naturais de España.

Cerceda, a 2 de xuño de 2020.-  Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, celebrado o pasado 31 de maio, o proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, aproveitou a ocasión para facer un chamamento aos cidadáns e conciencialos sobre a importancia de non abandonar cabichas en contornas naturais.

Ademais do problema asociado á xeración de incendios, estes residuos contaminan os ecosistemas. De feito, o Informe sobre colillas en espacios naturales publicado en 2018, recolle que unha cabicha pode contaminar ata 50 litros de auga.

O mesmo informe mostra que as cabichas convertéronse nun dos principais refugallos atopados en espazos naturais.  En cifras, calcúlase que, dos seis billóns de cigarros que se fuma en todo o mundo cada ano, 4,5 billóns terminan abandonados na natureza.

Segundo o último Barómetro da Basuraleza de LIBERA, as cabichas son en España o segundo tipo de residuo máis atopado nos ríos, embalses e pantanos e o primeiro tipo nas praias e mares.

Por este motivo, desde LIBERA apélase á responsabilidade dos consumidores de tabaco para que non arroxen cabichas ao chan. Este comportamento é especialmente importante nas contornas naturais como praias, mares, ríos ou montes polo efecto contaminador das cabichas debido a sustancias que conteñen como cadmio, arsénico, nicotina, tolueno e outros compoñentes, así como por ser unha posible orixe de incendios.

Desde fai máis de tres anos, LIBERA traballa activamente para concienciar aos consumidores, entendendo que a prevención é a mellor solución a este problema. Como exemplos, campañas de sensibilización tales como #SeTeHaCaído ou #TenemosUnProblema axudaron a identificar a situación e a que os cidadáns sexan conscientes da importancia dos seus xestos.

Fonte: Libera

Imaxe: Pixabay

2 Xuñ 2020

Galería