SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Máis de 70 clubs e escolas náuticas implícanse na reciclaxe de pilas usadas

Print this pagePrint this page
  • Con tal fin, instaláronse 148 recopiladores Ecopilas nos centros adheridos ao programa de educación mediambiental Grímpola Ecomar, dirixido a escolares con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.
  • Así mesmo, distribuíronse 7.000 minirecopiladores domésticos entre socios e alumnos destes centros para que a reciclaxe de pilas usadas se impulse tamén desde o fogar.

Cerceda, a 9 de setembro de 2019.-  Un total de 74 clubs e escolas náuticas de toda España implicáronse este verán na recollida selectiva de pilas usadas para propiciar o seu reciclado.

Así, entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, alumnos e socios destas entidades participaron activamente nunha nova edición da campaña “Ponte las pilas y recicla”, promovida polas Fundacións Ecopilas e Ecomar.

Con tal fin, instaláronse 148 recopiladores Ecopilas nos centros adheridos ao programa de educación mediambiental Grímpola Ecomar, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.

Impartíronse igualmente talleres de formación e distribuiuse material didáctico para sensibilizar aos pequenos na  protección do medio ambiente e en hábitos de vida saudable.

Así mesmo, repartíronse 7.000 minirecopiladores domésticos entre socios e alumnos para que a reciclaxe de pilas usadas se impulse tamén desde o fogar.

Fonte e imaxe: Ecopilas

Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Set 2019

Galería