SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Mascotas ficticias recicladas no colexio Virxe do Mar de Narón

Print this pagePrint this page
  • Lectorio e Orbot, así se chaman as mascotas que os pequenos deste centro elaboraron con materiais de refugallo no marco do concurso “Recíclate con Sogama” 2018-2019, co que se pretendía crear obras de arte co aparentemente inservible e dotalo de valor.

Cerceda, a 11 de xullo de 2019.- “As nosas mascotas”. Así reza o título do traballo que o CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón (A Coruña), un dos centros adscritos ao programa educativo “Recíclate con Sogama” 2018-2019, presentou no seu momento aos premios enmarcados dentro desta iniciativa e cos que se pretendía que os colexios aportasen obras de arte elaboradas con materiais de refugallo.

Baixo a coordinación da profesora Mª del Carmen Loureiro Rodríguez e coa colaboración da súa compañeira Pilar P. Saavedra Otero, os pequenos de Narón fabricaron as súas propias mascotas con residuos, ás que ata puxeron nomes, como son Lectorio e Orbot.

Entre os refugallos utilizados para a elaboración destas mascotas ficticias figuraban tetrabriks, palliñas, limpiapipas, tapóns de distintos recipientes, plástico e cortiza.

Ademais de propiciar a participación dos escolares na elaboración da obra e que aportasen a súa creatividade e imaxinación, o obxectivo último do proxecto era que sentisen e interiorizasen o valor dos tres erres e, xa que logo, a importancia de poñer en práctica cada día a redución, a reutilización e a reciclaxe.

A obra, inmortalizada no centro, será unha especie de recordatorio permanente a través do cal se pretende espertar conciencias para que os escolares aprendan a consumir con racionalidade, a comprar unicamente o necesario, a alongar a vida útil dos produtos, a separar os residuos por tipoloxías e a depositalos nos contedores correspondentes para propiciar o seu posterior reciclado. Sinxelos xestos que, a bo seguro, levarán aos seus fogares.

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Xul 2018

Galería