SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A mellor xestión dos residuos voluminosos, a estudo no marco do proxecto H2020 URBANREC

Print this pagePrint this page
  • Coordinado por AIMPLAS, analizará medidas orientadas a previr  e a reducir a xeración destes  residuos, así como a viabilidade de tecnoloxías innovadoras que permitan poñer en valor estes residuos e obter a partir dos mesmos materias primas secundarias a introducir de novo no mercado.
  • Cunha duración de 42 meses, o proxecto  aglutina a participación de 20 socios, participando no mesmo, entre outras entidades, a Asociación de Cidades e Rexións para a Reciclaxe e a Xestión Sostible de Recursos (ACR+).

Cerceda, a 13 de marzo de 2019.- A mellor xestión dos residuos voluminosos é obxecto dun estudo enmarcado no proxecto europeo H2020 URBANREC, coordinado por AIMPLAS.

Mobles, colchóns e mobiliario de xardín, entre outros, configuran a lista de refugallos que se enmarcan nesta categoría e que, dadas as súas características, non poden ser mesturados co lixo convencional, debendo ser entregados nos puntos limpos municipais para  o seu correcto tratamento por parte de xestores autorizados e conforme á normativa vixente.

A través deste proxecto analizaranse medidas orientadas a previr  e a reducir a xeración de residuos voluminosos, así como a viabilidade de tecnoloxías innovadoras que permitan poñer en valor estes refugallos  e obter a partir dos mesmos materias primas secundarias a introducir de novo no mercado.

Dado que os residuos voluminosos están conformados na súa meirande parte por materiais  tales como espumas de poliuretano ou látex, mesturas de diferentes plásticos e variedade de tecidos e madeira, a valorización dos mesmos permitiría obter, mediante solucións innovadoras de reciclado mecánico e químico, produtos de alto valor engadido tales como adhesivos, disolventes ou aditivos, espumas, composites reforzados con fibras e feltros, e plásticos reforzados como os WPC (Wood Plastic Compound). O obxectivo  último é valorizar o 82% dos residuos voluminosos de toda Europa.

O estudo  recabará información sobre a situación da xestión destes  residuos nos ámbitos territoriais abarcados polo proxecto, isto é, a rexión de Harelbeke, en Flandes  (Bélxica); a cidade de Varsovia, en Polonia; a rexión de Izmir, en Turquía; e a provincia de Valencia, en España.

Deterase especialmente en avaliar  a percepción social respecto das medidas e tecnoloxías implantadas, así como a opinión cidadá en relación aos produtos desenvolvidos a partir de materiais reciclados.

Cunha duración de 42 meses, o proxecto  aglutina a participación de 20 socios, participando no mesmo, entre outras entidades, a Asociación de Cidades e Rexións para a Reciclaxe e a Xestión Sostible de Recursos (ACR+), con sede en Bélxica.

Fonte: AIMPLAS

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Mar 2019

Galería