SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Monitorizando polo miúdo a nosa actividade industrial

Print this pagePrint this page
  • Editorial do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, correspondente á Newsletter corporativa do presente mes de maio.

Nese afán de mellora permanente coa que pretendemos levar a cabo unha xestión máis pulcra e sostible da infraestrutura industrial de Sogama, e na que cada día reciben tratamento os residuos urbanos producidos por máis de 2.242.000 galegos, Sogama adquiriu o software de xestión ambiental Monitor Pro da empresa EHS Data; unha ferramenta pioneira e innovadora que nos permite obter en cada momento información sobre o desempeño medioambiental das nosas instalacións, á vez que xera informes e gráficos cos que realizar unha mellor interpretación dos datos obtidos.

Ademais, o aplicativo leva incorporado un programa de alertas co que se reduce o tempo de reacción ante posibles incidencias e ata dispón dun sistema de avisos específicos no caso de que as tarefas a acometer non se executen en prazo. Non só nos proporciona unha foto detallada do proceso industrial en cada momento, senón que nos recorda de forma permanente o que debemos facer e en que período temporal.

Adicionalmente, este software consegue optimizar a dinámica de importación de datos procedentes dos diferentes laboratorios que analizan mostras para Sogama, toda vez que se realiza de forma automática, eliminando posibles erros humanos.

Desta forma, a Sociedade Galega do Medio Ambiente dá un paso máis cara á excelencia na súa xestión, velando en todo momento polo rigoroso cumprimento da normativa e o máximo respecto cara á protección da contorna e a saúde. Porque non nos conformamos con cumprir a lei, senón que queremos ir máis aló e para iso incorporarmos recursos e instrumentos cos que chequear, analizar e desgranar en cada momento a nosa operativa. Isto permítenos previr e minimizar riscos, así como reaccionar con contundencia e máximas garantías ante posibles imprevistos.

 Entendemos a correcta xestión dos residuos como a aplicación das mellores tecnoloxías, tanto no propio tratamento coma no control ambiental paralelo que debe realizarse. Dous aspectos clave sobre os que traballamos  cada día para que os refugallos sexan xestionados coa maior eficiencia e rigor, pero tamén co mínimo impacto ambiental; un esforzo que se evidencia a través dos parámetros de emisións, que se atopan en todos os casos moi por baixo dos límites legais. Estamos ante datos perfectamente medibles e, polo tanto, non opinables.

  

Presidente

 Javier Domínguez Lino

16 Mai 2019

Galería