SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Nace #SERESResponsable, unha iniciativa que apoia ás empresas e ONG na súa resposta ao COVID-19

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A través deste movemento móstrase os proxectos que están en marcha e que poden contribuír a aliviar esta situación, á vez que permite identificar novas necesidades ás que dar cobertura co labor doutras organizacións participantes.

Cerceda, a 3 de abril 2020.- Ante a crise sanitaria global do brote de coronavirus (COVID19), a Fundación SERES puxo en marcha o movemento #SERESResponsables, unha iniciativa que apoia ás empresas e ONG na súa resposta á  actual urxencia sanitaria mostrando os proxectos que están marcha e que supoñen unha contribución á crise do COVID-19 en España, ao  tempo que permite identificar novas necesidades ás que dar cobertura co labor doutras organizacións participantes.

En SERES as empresas atopan acceso ao coñecemento social, camiños para a integración do compromiso social na estratexia empresarial,  ferramentas  que  proporcionan  medición  do  intanxible,  un radar  de tendencias internacionais en permanente procura da participación de  todas as áreas das organizacións, así como unha rede onde compartir e acceder ás mellores prácticas na materia.

Francisco Román, presidente da Fundación SERES, afirmou  que “estamos ante un momento para actuar e facelo en colaboración, para responder aos desafíos que suscita a situación actual. Non cabe dúbida de que a fortaleza das empresas materialízase, en moitos casos, na solidez das comunidades das que forman parte".

Pola súa banda, Ana Sainz, directora xeral desta Fundación, subliñou que  “en SERES contamos cun grupo de empresas comprometidas socialmente e cremos que, como punto de encontro que somos, é momento para unir as nosas forzas. O papel da empresa é esencial na mellora da sociedade e nestes momentos faise aínda máis evidente e necesario".

Podes atopar #SERESResponsables en: https://www.fundacionseres.org/Publicacións/seres-responsables/

SOBRE FUNDACIÓN SERES

É unha entidade sen ánimo de lucro creada fai 10 anos cuxo obxectivo é acompañar a trasformación das empresas e impulsar o seu liderado ante os retos sociais. Con 150 compañías adheridas, que representan o 30% do PIB e o 75% do IBEX 35, aborda o compromiso social das empresas desde un enfoque estratéxico e práctico baseado na innovación.

Fonte e imaxe: Fundación SERES

https://www.fundacionseres.org/Publicacións/seres-responsables/

3 Abr 2020

Galería