Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Nadal con menos desperdicio

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Editorial do presidente de Sogama correspondente á Newsletter do presente mes de decembro

O Nadal, xa en carteira, reclama toda a nosa atención. Anuncios por doquier que prometen benestar, comodidade e felicidade, e a paupérrima política do usar e tirar que cada ano fai acto de presenza e que nos desafía para que miremos de reollo ao medio ambiente, coa promesa, iso si, de que seremos máis coidadosos e respectuosos, pero o próximo ano.

Namentres, montañas de residuos acumúlanse nos contedores, completamente desbordados para atender a alta demanda da poboación e, o que é peor,  inxentes cantidades de alimentos en bo estado que acaban no cubo do lixo de forma inmisericorde e que non parecen afectar á nosa sensibilidade porque, ao fin e ao cabo,   é momento de malgaste. Unha desgraciada estampa que, inevitablemente, tradúcese en cuantiosas  perdas económicas e nun gran impacto ambiental e social.

Ante un escenario destas características, a reflexión imponse. Porque en Nadal , tamén se pode ser feliz desde a mesura e a prudencia. Os vistosos agasallos cos que intentamos impresionar aos nosos seres queridos, teñen a súa versión sostible. A estética dun bonito obxecto pode ser substituída por unha entrada para o cine ou o teatro, a visita a un museo ou por unha xornada de diversión en familia.

En Sogama, sensibilizados co dispendio que supón a compra de presentes nas festas de Nadal, lanzaremos un decálogo de  boas prácticas a través do cal proporcionaremos unha serie de claves para dar co agasallo perfecto sen danar a contorna. E editaremos igualmente unha serie de recomendacións sobre consumo responsable nestas datas, orientado a satisfacer necesidades reais, pero nun marco global de xustiza, respecto, proporcionalidade e solidariedade.

A adopción de bos hábitos, do mesmo xeito que o Nadal , tamén debe reclamar a nosa atención. Aínda estamos a tempo.

 

Presidente

Javier Domínguez Lino

5 Dec 2017

Galería