SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A nova planta de Sogama esperta o interese do Máster en Tecnoloxías e Xestión Ambiental da UDC

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O seu alumnado realizou unha visita guiada a esta novidosa instalación que, a través de tecnoloxías punteiras, logra recuperar ata 11 tipos de materiais contidos no lixo en masa para remitir aos centros recicladores.
  • En plena sintonía coa industria 4.0, a entrada en operación desta instalación, xunto coa remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, permitirá á entidade incrementar a súa achega á reciclaxe e alcanzar este mesmo ano o vertido técnico cero, aspiración europea para 2035. 

Cerceda, a 13 de febreiro de 2020.- Estudantes que cursan o Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental da Universidade da Coruña (UDC) desprazáronse ao Complexo industrial de Sogama en Cerceda co obxectivo de coñecer en primeira persoa a operativa da nova planta de recuperación de materiais contidos no lixo en masa.

En plena sintonía coa industria 4.0, esta instalación eríxese a día de hoxe na máis moderna e eficiente de Europa, constituíndo todo un exemplo a seguir no campo da innovación aplicada a residuos.

A súa posta en marcha, xunto coa remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, posibilitou que o complexo cercedense vira incrementada a súa capacidade nun 81%, pasando das 550.000 toneladas anuais a 1 millón. Todo un fito que situará a Galicia á vangarda na xestión de residuos a nivel mundial.

A través de tecnoloxías punteiras, a nova instalación logra separar ata 11 tipoloxías de materiais que son remitidos aos centros recicladores para que cobren unha nova vida e se reincorporen ao circuíto comercial.

Con esta mellora, a compañía non só incrementará de forma notable a súa achega á reciclaxe, senón que alcanzará nuns meses o vertido técnico cero, é dicir, que só levará a vertedoiro aquela parte do lixo que non se poida reciclar nin valorizar enerxeticamente, tal e como se vén facendo nos países europeos máis avanzados e comprometidos co medio ambiente.

Desta forma, Sogama adiántase en 15 anos ao cumprimento das directrices do Parlamento Europeo para o conxunto dos Estados membros: limitar o vertido ao 10% no horizonte de 2035.

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Feb 2020

Galería