SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Novas oportunidades a través da reciclaxe

Print this pagePrint this page
  • Reciclar para cambiar vidas” é o proxecto  no que, da man de Ecoembes, colaboran diferentes empresas co fin de facer da reciclaxe un sector estratéxico para a creación de emprego verde e inclusivo, e a mellora da inserción laboral de persoas en situación de risco.
  •  A día de hoxe, a rede de empresas xa conta cun total de 33 firmas adheridas, atopándose entre as mesmas desde grandes operadores de xestión de residuos e compañías recicladoras ata pemes locais, tamén do ámbito da reciclaxe.

Cerceda, a 11 de febreiro de 2019.- “Reciclar para cambiar vidas”, así se denomina o proxecto no que colaboran, da man de Ecoembes, unha rede de empresas co obxectivo de  posicionar a reciclaxe como sector referente e estratéxico na creación de emprego verde e inclusivo e mellorar a inserción laboral de persoas en situación de risco, apoiando así a súa empregabilidade e ofrecéndolles unha nova oportunidade.

O proxecto  de cooperación entre Ecoembes e o programa Incorpora de “A Caixa” puxo  a disposición da iniciativa aos máis de 750 técnicos de inserción de entidades sociais de toda España. A día de hoxe, a rede de empresas xa conta cun total de 33 firmas adheridas, atopándose entre as mesmas desde grandes operadores de xestión de residuos e empresas recicladoras ata pemes locais, tamén do ámbito da reciclaxe.

Froito desta colaboración e traballo conxunto implementáronse cinco accións formativas no perfil de Operario de Xestión de Residuos impartidas en distintas cidades españolas.

O obxectivo  desta iniciativa é que a reciclaxe fomente o emprego  verde e que promova igualmente a inclusión na contorna laboral, así como o desenvolvemento  persoal e profesional.

A nova rede de empresas colaboradoras está aberta ao ecosistema empresarial de Ecoembes, que inclúe envasadoras, operadores de xestión de residuos, distribuidores e recicladores.

Desta forma, o programa “Reciclar para cambiar vidas” pretende, a través da reciclaxe, ofrecer alternativas e oportunidades a vítimas  de violencia de xénero, parados de longa duración, a mozos/as  en garantía social e, en definitiva, a calquera  persoa con dificultades e desconectada do mundo laboral.

Fonte: Ecoembes

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Feb 2019

Galería