SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O 15 de xuño, nova cita co Proxecto Libera a través de 1m2 pola Natureza

Print this pagePrint this page
  • O obxectivo desta iniciativa é mobilizar á cidadanía para dar visibilidade á problemática que representa o abandono de lixo no medio natural.
  • A este evento seguirán outros, como é o caso de “1m2 polas praias e os mares”, que terá lugar o próximo mes de setembro e que, ademais da propia recollida de residuos, contempla igualmente a caracterización dos mesmos.
  • O 80% do lixo mariño ten a súa orixe en terra, de aí a necesidade de tomar conciencia do problema e contribuír á súa correcta xestión.

Cerceda, a 12 de xuño de 2019.- Por terceiro ano consecutivo, o proxecto Libera, promovido por Ecoembes e SEO/BirdLife, leva a cabo a súa acción “1m2 pola natureza”, que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de xuño, buscando a través da mesma a mobilización da cidadanía para visibilizar a problemática que entraña o abandono de lixo no medio natural.

As persoas que queiran aportar o seu gran de area a esta iniciativa poden facelo de diferentes formas, ben mediante a creación e coordinación dun punto de limpeza (antes do 9 de xuño), ben mediante a adhesión a un dos puntos xa organizados ou ben difundindo a campaña en redes sociais a través do hashtag #Libera1m2.

Os pormenores do plan de acción atópanse a disposición dos interesados en https://proyectolibera.org/proximos-eventos/  

A esta cita seguirán outras. Por exemplo, “1m2 polas praias e os mares”, que se celebrará o próximo mes de setembro e que, ademais da propia recollida de residuos, contempla igualmente a caracterización dos mesmos, desempeñando un papel fundamental a aplicación MARNOBA, que posteriormente volca a información na base de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO).

Na última edición, 3.500 voluntarios recolleron 22,75 toneladas de basuraleza, das cales clasificaron 4,5 toneladas, tendo caracterizados un total de 35.938 residuos.

ESTUDAR, ANALIZAR, DIVULGAR E CONCIENCIAR

Coñecer o problema supón un paso importante de cara á súa solución e o negativo impacto que representa o lixo no mar esixe modificar condutas, toda vez que o 80% dos residuos mariños teñen a súa orixe na terra, con serias consecuencias para a fauna, os ecosistemas, a pesca, o turismo e a alimentación humana.

De feito, desde Libera deseñouse un proxecto pioneiro de ciencia para coñecer o impacto da basuraleza nas Áreas Importantes para a Conservación das Aves e a Biodiversidade (IBA). SEO/BirdLife está levando a cabo un traballo de identificación e cuantificación da presenza de produtos contaminantes provocados pola basuraleza en 140 espazos das 469 IBA identificadas en España. Para isto tómanse mostras de auga, solo e excrementos de animais silvestres que serán analizadas posteriormente por investigadores do CSIC para determinar a presenza de fitosanitarios,  metais pesados, derivados de plásticos e medicamentos.

Adicionalmente, desenvolveuse a campaña “Non tires residuos ao mar. No fondo o único que sobrevive é o teu lixo”, en colaboración coa Fundación Reina Sofía e a Autoridade Portuaria de Baleares.

Así mesmo, e en cooperación con Alnitak (centro de investigación e educación dedicado ao estudo e conservación dos espazos mariños) investígase a afección dos microplásticos nos océanos, realizando para isto estudos mediante o seguimento por satélite das tartarugas mariñas, o deseño de mapas de pronóstico de movemento e agregación de lixo flotants, e a análise dos efectos dos microplásticos en mar aberto.

Fonte e imaxe: Libera

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Xuñ 2019

Galería