Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

O 50% dos españois escollería un envase de plástico reciclable para produtos cotiáns

Print this pagePrint this page
  • Así se desprende dun estudo realizado pola OCU no marco do proxecto europeo CIRC-PACK, orientado a contribuír ao desenvolvemento dunha cadea de produción de plásticos máis sostible.
  • Malia que o 92% dos enquisados recoñece que os residuos plásticos representan un problema para o planeta, o certo é que o criterio ambiental non resulta decisivo na compra de determinados artigos, primando aínda a calidade e o prezo.
  • O 43% asegura atoparse frecuentemente embalaxes innecesarias e, para máis da metade, é habitual que lles ofrezan un envase demasiado grande tendo en conta o tamaño do produto.
  • Un 69% afirma separar no fogar os refugallos plásticos de forma habitual, fronte a un 8% que nunca o fai. O resto (un 23%) asegura que segrega en orixe, pero non de xeito moi estrito.
  • Consideran que a información da que dispoñen sobre os novos materiais plásticos resulta aínda insuficiente (o 49% di que lle faltan datos e o 39% que se sente informado parcialmente).

Cerceda, a 7 de novembro de 2018.- No marco do proxecto de investigación europeo CIRC-PACK, financiado pola Comisión Europea e orientado a contribuír ao desenvolvemento dunha cadea de produción de plásticos máis sostible, menos dependente dos combustibles fósiles e en plena sintonía coa economía circular, a OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) realizou unha enquisa a 1.219 españois con idades comprendidas entre os 18 e os 74 anos para coñecer o seu nivel de implicación na reciclaxe, así como os seus hábitos e percepcións en relación aos envases plásticos.

Así, o 92% recoñece que os residuos plásticos representan un problema para o planeta e o 82% considera que é importante ter un bo comportamento desde o punto de vista ecolóxico. Non obstante, e malia estas manifestacións, o certo é que o aspecto ambiental non constitúe o criterio prioritario a ter en conta cando se compran produtos envasados como comida, deterxentes ou artigos de hixiene. Se ben a reciclabilidade, a posible reutilización, a ausencia de contaminantes e a maior sustentabilidades son factores que inflúen á hora de comprar, non resultan decisivos, toda vez que a calidade e o prezo continúan primando.

O 11% dos enquisados evita adquirir ou usar produtos plástico e un 8% non compra produtos con envoltorios deste material. O 43% asegura atoparse frecuentemente embalaxes innecesarias e, para máis da metade, é habitual que lles ofrezan un envase demasiado grande para o tamaño do produto.

Respecto da separación de lixo, un 69% segrega no fogar os residuos plásticos de forma habitual, fronte a un 8% que nunca o fai. O resto (un 23%) asegura que clasifica en orixe, pero non de xeito moi estrito. Alegan non dispoñer de contedores específicos na casa e que os ubicados na rúa atópanse afastados das súas vivendas.

En canto ao uso de bolsas, 6 de cada 10 din levalas sempre de casa, mentres que un 13% afirma non usar bolsas de ningún tipo. O 60% asegura que nunca lle ofreceron usar bolsas biodegradables e o 82% estaría disposto a pagar máis por usalas.

INFORMACIÓN INSUFICIENTE SOBRE NOVOS MATERIAIS PLÁSTICOS

En canto ao uso de novos materiais plásticos, os consumidores, polo xeral, estarían dispostos a asumir cambios, pero non en todos os produtos. O 58% si optaría por plástico biodegradable nas cápsulas de café, pero unicamente o 37% en produtos de hixiene como o champú.

Máis do 50% escollería un envoltorio de plástico biodegradable en artigos cotiáns se lle resultase posible e o 71% aceptaría pagar un pouco máis polos mesmos. Con todo, a información da que dispoñen sobre estes novos materiais resulta aínda insuficiente (o 49% di que lle faltan datos e o 39% que se sente informado parcialmente. Só un 30% considérase ben informado sobre as consecuencias do uso do plástico).

Ante estes resultados, OCU considera que os españois móstranse dispostos a asumir cambios no ámbito da reciclaxe e que resulta factible, con pequenos xestos diarios, evitar o consumo masivo de plástico (por exemplo, rexeitando o de usar e tirar).

A Organización de Consumidores e Usuarios móstrase convencida de que o cambio depende de todos: dos poderes públicos, dos propios fabricantes, a través do ecodeseño, e dos cidadáns, con hábitos de consumo responsables.

Fonte: OCU

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Nov 2018

Galería