SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O 57% da poboación non sabe que evitar o desperdicio alimentario axuda a combater o cambio climático

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Os últimos datos apuntan a que o desperdicio de alimentos a nivel mundial alcanza xa os 2.500 millóns de toneladas anuais e é responsable do 10% das emisións de GEI2.
  • En España, son os mozos de entre 18 e 34 anos os que máis comida tiran, xunto ás familias españolas con nenos de 6 anos e menores de 1 ano de idade.

Cerceda, a 26 de outubro de 2021.- No último informe sobre solucións climáticas, o grupo de científicos e investigadores que conforman a organización Project Drawdown, destaca que reducir o desperdicio de alimentos é a solución número un para combater o cambio climático. Con todo, tal e como se recolle nun estudo de Too Good To Go, a app que loita contra o desperdicio de alimentos, o 57% da poboación global descoñece este extremo.

Os últimos datos apuntan a que o desperdicio alimentario a nivel mundial alcanza xa os 2.500 millóns de toneladas anuais e é responsable do 10% das emisións de GEI2. Así, e con motivo do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, celebrado o pasado 29 de setembro, Too Good To Go quixo investigar se os consumidores son conscientes do impacto que ten o desperdicio de comida sobre o medio ambiente e como están a actuar ao respecto.

O estudo, encargado a YouGov3 e desenvolvido en 15 países, conclúe que só o 43% da poboación global é consciente de que reducir o desperdicio de alimentos é a acción máis eficaz para facer fronte á emerxencia climática. Con todo, na práctica, o 55% deste colectivo afirma que segue desperdiciando comida regularmente.

MOZOS E FAMILIAS CON NENOS PEQUENOS, OS QUE MÁIS DESPERDICIAN

No caso de España, o informe revela que “aínda que o 65% dos españois ten claro que minimizar os residuos de comida axuda a reducir o impacto sobre o noso planeta, seis de cada dez seguen desperdiciando alimentos no seu día a día”. E son os mozos, entre 18 e 34 anos, os que máis comida tiran, xunto ás familias españolas con nenos de 6 anos e menores de 1 ano de idade.

En canto á razón que leva aos españois a desperdiciar máis, o 32% asegura que lles soe sobrar tan pouca cantidade que non lle merece a pena gardala. Así mesmo, o 36% respondeu que froitas e verduras é o que máis adoita terminar no lixo.

Só en España tíranse máis de 7,7 millóns de toneladas de alimentos ao ano. Auga, terra ou enerxía, son moitos os recursos necesarios para producir a comida que alimenta a toda a poboación. Pero cando se tiran alimentos, todos eses recursos tamén se desperdician. É máis, a comida que acaba en vertedoiros, cando comeza a descompoñerse, provoca emisións de metano que chegan a ser ata 10 veces máis prexudiciais que o CO2. Por isto é polo que reducir o desperdicio de alimentos, como sinala Project Drawdown, sexa a solución máis eficaz para combater o cambio climático e manter o aumento das temperaturas por baixo dos 2º C como establece o Acordo de París.

Helena Calvo, responsable de proxectos de concienciación da plataforma Too Good  To  Go, asegurou, durante a presentación do documento, que “o estudo demostra que hai gran conciencia na sociedade, pero aínda falta acción. Moitas veces o desperdicio de comida nos fogares non se produce intencionalmente senón por pequenos hábitos adquiridos sobre os que hai que prestar máis atención”.

Fonte: Gestores de Residuos

Imaxe:  Pexels

26 Out 2021

Galería