SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O Catedrático de Enxeñería Química da USC, Gumersindo Feijoo, Premio Madre Tierra da FER

Print this pagePrint this page
  • Con este galardón, entregado no marco do congreso que a Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (FER) celebrou os pasados días 13 e 14 de xuño en Baiona, recoñécese a súa longa traxectoria no ámbito do desenvolvemento sostible.
  • Pola súa banda, o premio “Una vida dedicada a la recuperación” recaeu en Deogracias Mata, da empresa Francisco Mata, nesta edición es aequo con Carlos Rodríguez Lajo, Javier Lajo Rodríguez, Victoriano Lajo Prazo e Fernando Lajo Asensio, pertencentes ao Grupo Lyrsa.

Cerceda, a 17 de xuño de 2019.- No marco do Congreso da Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (FER), celebrado os pasados días 13 e 14 de xuño no parador de Baiona (Pontevedra) e que alcanzou xa o número 17, procedeuse á entrega dos premios “Madre Tierra” e “Toda una vida dedicada a la recuperación”, cos que a organización recoñece a aquelas persoas, empresas e institucións cunha longa traxectoria no ámbito da recuperación e a reciclaxe, e na defensa do desenvolvemento sostible.

O premio “Madre Tierra” foi entregado ao prestixioso Catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, Gumersinso Feijoo; un merecido galardón a través do cal se enxalza a súa paixón pola protección da contorna e a súa plena dedicación profesional a facer posible que a sociedade avance cara á sostibilidade.

Durante moitos anos, Gumersindo Feijoo levou a cabo unha dilatada actividade investigadora en distintas liñas de traballo tales como a análise do ciclo de vida, a enxeñería bioquímica, a catálise enzimática, o desenvolvemento e modelización de reactores enzimáticos e economía circular, entre outros moitos, á vez que veu liderando numerosos proxectos.

Entre os distintos cargos desempeñados, podería mencionarse o de Director do Departamento de Enxeñería Química (2008-2017), Coordinador do Grao de Enxeñería Química (2014-2018), Presidente da Confederación Española de Directores e Decanos de Enxeñería Química desde 2017 e Vicerreitor e Planificación e Proxección Estratéxica desde 2018.

Pola súa banda, o premio “Una vida dedicada a la recuperación” recaeu en Deogracias Mata, da empresa Francisco Mata, nesta edición es aequo con Carlos Rodríguez Lajo, Javier Lajo Rodríguez, Victoriano Lajo Plazo e Fernando Lajo Asensio, pertencentes ao Grupo Lyrsa.

Así mesmo, Alicia García-Franco, directora xeral da FER, recibiu un premio en recoñecemento aos seus 25 anos de traballo na Federación, na que desenvolveu a súa carreira profesional.

OS PLÁSTICOS, CENTRO DE ATENCIÓN

O congreso da FER aglutinou a participación das  principais empresas recicladoras, dos responsables da área medioambiental en diversas Administracións Públicas e, por suposto, dalgúns dos maiores expertos en recuperación e reciclaxe.

Entre as diversas temáticas abordadas destacou a reciclaxe de plásticos, os desafíos que suscitan e as solucións que xa se están xestando polo sector da recuperación.

Con carácter previo ao evento, Ion Olaeta, presidente de FER, á súa vez, vicepresidente da División Europea de Reciclaxe de Plásticos (ERPB), referiuse á necesidade e á gran importancia de que se teñan en consideración as propostas da industria recicladora respecto da problemática actual que se cerne en torno aos plásticos, toda vez que o sector sabe cales son os retos a abordar para dar un tratamento sostible a este material e que é o que hai que modificar e cambiar para que poidan incrementarse a taxas de reciclaxe conforme aos esixentes obxectivos europeos de cara aos próximos anos.

Profundouse tamén no ecodeseño e debateuse sobre as medidas a levar a cabo para incentivar o mercado das materias primas secundarias.

Imaxe: FER

Saúdos, Departamento de Comunicación

17 Xuñ 2019

Galería