SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O colexio Miraflores de Pereiro de Aguiar apúntase á reciclaxe

Print this pagePrint this page
  • Educadores de Sogama trasladaranse mañá, 12 de abril, a este centro para impartir tres sesións formativas nas que participarán un cento de alumnos de Educación Primaria e ESO.
  • Falarase da problemática que representa a elevada xeración de refugallos e da importancia que ten a práctica diaria, por parte do cidadán, do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) para facer fronte á  mesma.
  • Introducirase o concepto de economía circular, abordarase a contaminación por plásticos e incidirase na importancia que ten a recuperación da materia orgánica mediante a súa transformación en compost.

Cerceda, a 11 de abril de 2019.- O colexio  Miraflores de Pereiro de Aguiar (Ourense) súmase á reciclaxe e mañá, 12 de abril, agarda a visita dos educadores de Sogama para que estes proporcionen  aos pequenos as nocións básicas sobre o principio dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe) e as boas prácticas que deben rexer na xestión sostible dos residuos urbanos.

Os monitores impartirán tres sesións formativas nas que participarán 100 alumnos de Educación Primaria e ESO e aos que se explicará por que  a elevada xeración de lixo representa un problema e como pode colaborar o cidadán  para minimizar o impacto da mesma sobre a contorna e a saúde, e contribuír á sostibilidade.

COLABORACIÓN RESPONSABLE

Así, exporanse as pautas para levar a cabo un consumo responsable no que debe primar a máxima de adquirir unicamente o necesario, ademais de incorporar xestos á vida diaria que permitan minimizar a produción de refugallos, fomentar o máximo aproveitamento dos produtos a través da súa reutilización, buscando sempre novas vidas, e propiciar o seu reciclado e posterior transformación en novos  artigos.

Neste último caso, faise indispensable que a poboación separe en orixe  os distintos residuos a fin de depositalos nos contedores correspondentes. É por isto  que se recordará o que vai e o que non vai a cada recipiente: amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; iglú verde, para envases de vidro (botellas, frascos e tarros); e contedor xenérico, para a fracción resto. Sen esquecer os puntos limpos, recintos municipais aos que os cidadáns deben trasladar aqueles residuos de carácter especial para os que non dispón de medios nas vías públicas. É o caso de voluminosos, pinturas, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEEs), aceites, etc. Desta forma serán entregados a xestores  autorizados a fin de que reciban un tratamento correcto e acorde coas súas características.

ACTUANDO EN CIRCULAR

Igualmente, introducirase o concepto de economía circular ou, o que é o mesmo, procurar que os produtos se manteñana o maior  tempo posible na economía, reducindo desta forma a produción de lixo e o consumo de recursos naturais. Neste sentido, explicarase a necesidade de abandonar o modelo económico lineal de usar e tirar imperante ata o de agora e transitar cara a un modelo que peche o círculo de aproveitamento dos materiais a través do ecodeseño, tendo en conta  o ciclo de vida dos produtos.

Tamén se mostrará aos pequenos as graves consecuencias da contaminación por plásticos, especialmente nos océanos, afectando negativamente aos ecosistemas, aos propios animais mariños, que os inxiren confundíndoos con alimento, á pesca, ao turismo e a propia alimentación humana, pois os microplásticos poden acabar na nosa mesa a través do peixe ou o sal.

Así mesmo, darase conta da importancia que ten a recuperación da materia orgánica e a súa conversión en compost , un abono natural con excelentes propiedades para o solo .

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Abr 2019

Galería