Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

O complexo industrial de Sogama recibiu máis de medio milleiro de visitas o pasado mes de febreiro

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Distintos centros escolares, tanto de primaria como de secundaria, así como Facultades das Universidades da Coruña e Vigo, non quixeron perder a ocasión de ver e comprobar por si mesmos a súa actividade.
  • Con esta experiencia, aseguran atopar sentido ás prácticas de redución, reutilización e reciclaxe, recoñecendo o esforzo da empresa pública en poñer en valor a fracción non reciclable a través da súa conversión en electricidade.
  • Ademais, o servizo prestado polos educadores constitúe outros dos grandes atractivos dadas as súas dotes comunicativas, capacidade de empatía e adecuación das explicacións ao perfil  e expectativas dos visitantes.
  • Máis do 90% das persoas que pasaron por Sogama  enxalzan o seu labor en favor da protección e mellora do medio ambiente.

Cerceda, a 9 de marzo de 2018.- Sumando e en liña ascendente. O complexo industrial de Sogama en Cerceda  ( A Coruña) continúa sendo todo un referente no ámbito académico ao concentrar numerosas visitas de distintos centros educativos, que seguen contemplándoo como un recurso de gran interese para a formación dos estudantes galegos.

Distintos colexios das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, ademais de Facultades das Universidades da Coruña e Vigo, non quixeron perder a ocasión de coñecer con máis precisión o seu cometido e participar no programa de visitas da Sociedade pública e polo que xa pasaron máis de 72.000 persoas.

A experiencia, tal e como manifestan docentes e escolares, paga a pena. Desta forma atopan sentido ao seu labor no ámbito da xestión sostible dos residuos urbanos, que dá comezo coa prevención, a través dun consumo responsable, e continúa coa redución, a reutilización e a reciclaxe, asumindo Sogama a fase final, é dicir, a valorización enerxética da fracción non reciclable. Desta forma consegue poñer en valor un residuo que, de non seguir o proceso contemplado pola entidade, acabaría desperdiciado en vertedoiro e, o que é peor, provocando altos niveis de contaminación, ademais de supoñer un risco para a saúde.

OS EDUCADORES, UN DOS GRANDES ATRACTIVOS

O servizo prestado polos educadores da empresa constitúe outros dos grandes atractivos. As súas dotes comunicativas, capacidade de empatía e adecuación das explicacións ao perfil e expectativas dos visitantes, representa un dos aspectos mellor valorados polos visitantes.

As sesións teóricas, nas que se utilizan ferramentas didácticas e divulgativas de apoio tales como vídeos e xogos, son complementadas con percorridos guiados  a través dos cales os grupos teñen a oportunidade de coñecer os procesos de tratamento aos que son sometidos os residuos. No caso da bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks), e tras ser seleccionados de forma automática por tipoloxías, os materiais remítense aos centros recicladores para ser transformados en novos produtos. Respecto da bolsa negra (residuo xenérico), e tras segregar a parte susceptible de ser reciclada, o resto transfórmase nun combustible CDR que é recuperado en forma de electricidade.

Concluída a xornada, os membros dos distintos colectivos teñen a oportunidade de responder, de forma anónima e voluntaria, a enquisas de satisfacción a través das cales deixan constancia das súas apreciacións e comentarios. Máis do 90% enxalza o labor de Sogama en  favor da protección e coidado do medio ambiente.

Relación de visitas recibidas en febreiro de 2018 nas instalacións de Sogama:

DATA

COLECTIVO

LOCALIDADE

01-02-18

Facultade de Ciencias- Universidade da Coruña

A Coruña

02-02-18

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía- Universidade de Vigo

Vigo

06-02-18

CEIP de Palmeira

Ribeira (A Coruña)

08-02-18

CEIP de Sargadelos

Cervo (Lugo)

09-02-18

Obradoiro de Emprego

Mos (Pontevedra)

15-02-18

Colexio Maristas Cristo Rei (Grupo 1)

A Coruña

16-02-18

Colexio Maristas Cristo Rei (Grupo 2)

A Coruña

20-02-18

Colexio Xoán Montes

Lugo

21-02-18

CEIP Illa Verde (Grupo 1)

Lugo

22-02-18

CEIP Plurilingüe de Vedra

Vedra (A Coruña)

23-02-18

CEIP de Abelendo

Moaña (Pontevedra)

26-02-18

IES A Xunqueira  II

Pontevedra

27-02-18

CEIP Illa Verde (Grupo 2)

Lugo

28-02-18

IES Monelos

A Coruña


Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Mar 2018

Galería