SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O concello de Alfoz organiza a distribución dunha nova partida de composteiros cedida por Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Son 25 unidades que, sumadas a entregas anteriores, fan un total de 93, sendo outras tantas as familias adscritas a esta iniciativa.
  • As vivendas participantes deben dispoñer de terreo (xardín ou horta) no que aplicar o compost resultante a fin de pechar o círculo de reciclaxe da materia orgánica.
  • A entrega dos recipientes, de 390 litros de capacidade, efectuarase por parte do concello de forma individualizada, xunto cunha breve explicación sobre o correcto uso dos mesmos.

Cerceda, a 3 de xuño de 2020.- Tralo obrigado parón imposto pola pandemia do COVID-19, os entes locais comezan a retomar a normalidade de forma progresiva e a recuperar aqueles proxectos e actividades que quedaran truncados polo Estado de Alarma.

O concello de Alfoz (Lugo), un dos primeiros en adscribirse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, xa se atopa organizando a distribución dunha nova partida de composteiros subministrada no seu momento por esta empresa pública. Son 25 unidades, de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables ao final da súa vida útil, que se entregarán a outras tantas vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (horta ou xardín) no que aplicar o compost resultante. Desta forma, e sumando partidas anteriores, fan un total de 93 as familias adscritas a esta iniciativa.

Se ben estaba previsto impartir unha charla presencial por parte de técnicos de Sogama, dadas as limitacións de aforo e afluencia propias da situación de desescalada na que nos atopamos, o concello decidiu proceder á entrega dos recipientes de forma individual, proporcionando a cada veciño unha breve explicación sobre a correcta utilización do composteiro e dinámica a seguir. O fin último é que os usuarios poidan obter un abono natural de alta calidade e, xa que logo, apto para ser aplicado á agricultura sen restricións.

Adicionalmente, teñen á súa disposición o sitio web www.compostaconsogama.gal, onde terán a oportunidade de acceder a toda a información sobre este programa, así como a recursos didácticos e divulgativos de interese tales como vídeos, xogos e ata contidos online.

Saúdos, Departamento de Comunicación

3 Xuñ 2020

Galería