SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O concurso fotográfico da AEMA invita a capturar e compartir os vínculos coa natureza

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Co lema «REDISCOVER Nature», a Axencia Europea de Medio Ambiente pretende facer un chamamento para que todos, esteamos onde esteamos, apreciemos as marabillas que nos brinda a natureza.
  • O prazo para participar nesta iniciativa conclúe o próximo 30 de setembro e a relación de gañadores darase a coñecer en novembro.
  • Establécense tres categorías para os galardóns: imaxes da natureza en primeiro plano; a natureza á porta da miña casa; e observa o espectáculo da natureza nas paisaxes que nos rodean.

Cerceda, a 12 de agosto de 2020.- Co lema «REDISCOVER Nature», a Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) lanza unha nova edición do concurso anual de fotografía a través do cal invita a capturar e compartir os vínculos coa natureza e a súa contorna.

Con isto pretende facer un chamamento para que todos, esteamos onde esteamos, apreciemos as marabillas que nos brinda a natureza. Desta forma,  apélase á curiosidade para observar partes do medio ambiente que nunca antes apreciaramos, ben cando facemos unha excursión por un sendeiro local, ben como estamos nun xardín.

Os cidadáns que queiran participar nesta iniciativa tan só deben enviar as súas mellores instantáneas antes do próximo 30 de setembro.

CATEGORÍAS E PREMIOS

Establécense tres categorías.

1. Imaxes da natureza en primeiro plano. Trátase de ampliar unha imaxe e captar a beleza dos pequenos detalles: desde a complexa estrutura biolóxica dunha flor emerxente á composición do solo ou os detalles da pel dun réptil.

2. A natureza á porta da miña casa. Explorala non implica necesariamente facer un percorrido de montaña ou acampar en zonas remotas. Basta con observar tranquilamente o que nos rodea: desde as aves nun parque próximo ata as estruturas urbanas que se adentran na propia natureza.

3. Observa o espectáculo da natureza nas paisaxes que nos rodean. Por exemplo, mirando as ondas que golpean unha costa rocosa, pobos distantes e dispersos no medio rural, un cervo correndo por un bosque ou persoas traballando no campo.

Poden participar no concurso os cidadáns maiores de 18 anos dos 27 Estados membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Turquía, Macedonia do Norte, Albania, Kosovo, Montenegro, Serbia, Bosnia e Herzegovina e o Reino Unido.

Os gañadores de cada unha das tres categorías recibirán un premio en metálico de 1 000 euros. A AEMA tamén concederá un "Premio xove" á mellor fotografía enviada por unha persoa nova e concederase tamén un Premio do Público a través dunha votación online entre todos os finalistas.

Daranse a coñecer os gañadores en novembro de 2020.

Máis información sobre as bases do concurso e a forma de participar en

https://www.eea.europa.eu/about-us/competitions/rediscover-nature/rediscover-nature-photo-competition-2020

Fonte e imaxe: EEA

12 Ago 2020

Galería