SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O Consello Europeo insta a un maior esforzo para transitar cara a unha economía circular

Print this pagePrint this page
  • Considera que constitúe a ferramenta imprescindible para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e avanzar cara ao cumprimento dos ODS.
  • Aposta por impulsar  a circularidade en toda a cadea de valor e alenta ao uso de instrumentos económicos tales como impostos ambientais, reformas fiscais verdes e esquemas estendidos de responsabilidade do produtor para promover a economía circular, patróns de produción e consumo máis sostibles e unha mellor xestión dos residuos.
  • Solicita que se amplíe o alcance das medidas de deseño ecolóxico mediante a inclusión de criterios sobre a eficiencia do material tales como a durabilidade, reparabilidade, reciclabilidade e contido reciclado.

Cerceda, a 10 de outubro de 2019.-  En días pasados, o Consello da Unión Europea fixo públicas as súas conclusións a través do documento “Máis circularidade: transición cara a unha sociedade sostible”, no que subliña a necesidade de realizar esforzos máis ambiciosos para estimular a transición sistémica cara a unha sociedade sostible, constituíndo a economía circular a ferramenta imprescindible para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e avanzar cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas.

Neste escenario, o Consello invita á Comisión a elaborar un marco estratéxico a longo prazo que inclúa unha visión común da economía circular e a adoptar un novo plan con actuacións específicas.

Así mesmo, considera necesario promover a circularidade en toda a cadea de valor, incluíndo ao consumidor, en sectores relevantes tales como o transporte, o téxtil, a alimentación e a construción e demolición, sinalando a conveniencia de aplicar máis medidas no ámbito dos plásticos e as baterías.

Destaca nas súas conclusións que o deseño ecolóxico propiciou produtos máis eficientes desde o punto de vista enerxético e encomenda á Comisión avaliar se os principios do ecodeseño poderían aplicarse a novos grupos de artigos tales como os propios da tecnoloxía da información e as comunicacións e, se procede, presentar unha proposta lexislativa.

Solicita igualmente que se amplíe o alcance das medidas de deseño ecolóxico mediante a inclusión de criterios sobre a eficiencia do material tales como a durabilidade, reparabilidade, reciclabilidade e contido reciclado.

As conclusións do Consello alentan o uso de instrumentos económicos tales como impostos ambientais, reformas fiscais verdes e esquemas estendidos de responsabilidade do produtor, para promover a economía circular, patróns de produción e consumo máis sostibles e unha mellor xestión dos residuos.

Fonte: Consello Europeo

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Out 2019

Galería