SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O Consorcio para oTratamento de RU do Maresme interésase polo labor de Sogama e os seus proxectos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O grupo, liderado polo seu director, Carles Salesa, visitou esta mañá o Complexo Medioambiental de Cerceda para coñecer in situ a súa actividade, o proceso de ampliación do mesmo, así como a infraestrutura que permitirá valorizar a materia orgánica producida na meirande parte de Galicia.
  • O presidente e o director xeral de Sogama, Javier Domínguez e Isidro García respectivamente, foron os encargados de explicar con detalle a folla de roteiro desta empresa pública.
  • Domínguez abundou en que este tipo de visitas “enriquécennos e dannos unha visión máis global do problema que representan os residuos, coa particularidade de que só desde a colaboración e o intercambio de experiencias seremos quen de seguir avanzando cara á sostibilidade”.

Cerceda, a 15 de setembro de 2021.- Unha delegación do Consorcio para o Tratamento de Residuos Urbanos do Maresme (Mataró-Barcelona), liderada polo seu director, Carles  Salesa  Mirabet, visitou esta mañá o Complexo Medioambiental de Sogama para coñecer in situ a súa actividade, o proceso de ampliación do mesmo, ao que Sogama destinou un investimento de 32 millóns de euros, e os proxectos de futuro para  valorizar a materia orgánica recollida de forma separada a través do quinto contedor, de cor marrón.

A comitiva, atendida polo presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez, e o director xeral, Isidro García, recibiu as explicacións sobre o devir histórico desta empresa pública desde a súa creación, en 1992, ata o día de hoxe. Case 30 anos de intenso traballo que permitiron a Galicia selar e clausurar 300 vertedoiros municipais, e dar aos residuos o mellor tratamento posible, eliminando o seu potencial contaminante e converténdoos en recursos.

A maior capacidade do Complexo, que pasou de 550.000 toneladas anuais a 1.000.000, garante que, a día de hoxe, os residuos producidos polos distintos concellos adheridos a Sogama reciban un tratamento óptimo, incrementando a reciclaxe e minimizando o vertido.

Así mesmo, a compañía construirá e xestionará as instalacións necesarias para que os refugallos orgánicos de carácter doméstico se convertan en compost de alta calidade. Para isto deseñou unha rede conformada por catro plantas de biorresiduos (Cerceda –en operación-, Cervo, Vilanova de Arousa e Verín), que estarán apoiadas por 13 plantas de transferencia ás que se dotará dunha  tolva específica para o transvasamento da materia orgánica.

Se todo segue o seu curso, estas instalacións entrarán en funcionamento a finais do ano 2022. Neste sentido, cabe lembrar que os concellos están obrigados a implantar o contedor marrón antes do 31 de decembro de 2023 e, se ben se trata dunha competencia municipal, a Xunta, a través de Sogama, porá os medios para axudalos a dar debido cumprimento á normativa europea.

ECONOMÍA CIRCULAR: OBXECTIVO COMÚN

Logo dunha reunión entre as partes, a delegación do Maresme realizou unha visita guiada polas plantas que conforman o Complexo cercedense onde se tratan os refugallos procedentes de 295 concellos (máis de 2 millóns de quilos cada día, que poden chegar a 3 millóns durante a época estival).

Con máis de 3 décadas de percorrido ás súas costas, o Centro de Tratamento de Residuos do Maresme, situado en Mataró, constitúe unha infraestrutura especializada no tratamento de residuos urbanos e industriais que inclúe plantas de selección, compostaxe,  metanización e de recuperación enerxética da fracción non reciclable. Na actualidade, dá servizo a aproximadamente 1 millón de habitantes (Maresme e Vallés Oriental).

Do mesmo xeito que Sogama, os seus obxectivos están focalizados na transición cara a un modelo de economía circular no que prime a recuperación de residuos e a súa transformación en recursos. 

Ao respecto, Javier Domínguez, manifestou que “este tipo de visitas enriquécennos e dannos unha visión máis global do problema que representan os residuos, coa particularidade de que só desde a colaboración e o intercambio de experiencias seremos capaces de seguir avanzando cara á sostibilidade”.

Salientou que está en xogo o futuro das novas xeracións e apelou á solidariedade, á unión e ao esforzo conxunto como as principais ferramentas para facer fronte á contaminación, ao cambio climático e ás malas prácticas.

Saúdos, Departamento de Comunicación

15 Set 2021

Galería