Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O curso ambiental comeza con forza en Sogama: máis dun milleiro de persoas formadas o pasado mes

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • As solicitudes foron múltiples e os educadores ao servizo desta Sociedade pública, pertencentes á firma Applus, desenvolveron unha intensa e inmellorable labor pedagóxica, que prosegue co mesmo ritmo este mes de novembro.
  • As sesións foron adaptadas ao perfil dos destinatarios, procurando en todo momento dar resposta ás súas necesidades e expectativas.
  • O consumo responsable, a menor produción de residuos, a reutilización e a colaboración na reciclaxe centraron en gran medida as xornadas, que nalgúns casos foron complementadas con temáticas tales como o desperdicio alimentario, a contaminación por plásticos e a compostaxe.

Cerceda, a 7 de novembro de 2019.-  Máis dun milleiro de persoas, entre escolares, mocidade e adultos, foron formadas por Sogama  o pasado mes de outubro, coincidindo co arranque do novo curso. As solicitudes foron múltiples e os educadores ao servizo desta Sociedade pública, pretencentes á compañía Applus, desenvolveron unha intensa e inmellorable labor pedagóxica, que prosegue co mesmo ritmo este mes de novembro.

No caso de escolares, tanto de Primaria como de Secundaria e Formación Profesional, as sesións foron adaptadas ao perfil dos destinatarios, procurando en todo momento dar resposta ás súas necesidades e expectativas.

Non obstante, abordáronse temáticas comúns tales como a problemática que trae consigo a elevada produción de residuos e a xerarquía de xestión e tratamento que promulga a Unión Europea, que debe comezar pola prevención, seguir coa preparación para a reutilización e culminar coa reciclaxe, complementando estas fases previas coa valorización material e/ou enerxética. O vertido queda relegado á última opción polo seu negativo impacto sobre a contorna e a saúde.

BOAS PRÁCTICAS E RESPONSABILIDADE

Neste marco, prestouse atención ás boas prácticas vinculadas ao consumo responsable, consciente e informado, así como á diminución do desperdicio alimentario, xa que un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano acaban refugados. Nuns casos, por un consumismo exacerbado e, noutros, por problemas de conservación, transporte, loxística e almacenamento, máis habitual nos países en vías de desenvolvemento.

Se ben a perda de alimentos ten lugar en todos os elos da cadea, o certo é que o fogar, cun 42%, é o ámbito que máis contribúe a este fenómeno, sendo o pan, as verduras, as hortalizas e as froitas os produtos que con máis frecuencia acaban no cubo do lixo.

Así mesmo, os monitores puxeron o foco de atención sobre a cantidade de recursos que se perden cando se refuga un alimento. É o caso da terra, a auga, a enerxía e o combustible, ademais do propio traballo dos agricultores.

Valorar a comida que cada día nos sustenta constitúe un paso fundamental para actuar en consecuencia e con responsabilidade.

Tamén se falou da contaminación plástica e a súa afección ao medio mariño, toda vez que o 80% dos refugallos plásticos que acaban nos océanos proveñen de terra.

Chamouse a atención sobre a incidencia que estes teñen sobre os ecosistemas, xa que viaxan arrastrados polas correntes mariñas levando consigo especies invasoras; sobre a fauna, que os inxire ao confundilos con alimento; sobre a pesca, o turismo e, por suposto, sobre a alimentación humana, xa que os microplásticos están presentes nos produtos mariños que forman parte da nosa dieta.

Igualmente, explicouse a actividade de Sogama e a súa firme aposta pola reciclaxe e a compostaxe, convertendo en electricidade a parte que non pode ser recuperada previamente por outras vías.

FORMACIÓN CONTINUA

O traballo formativo continúa e a satisfacción de Sogama é máxima ao comprobar a excelente acollida das súas sesións e xornadas, así como a alta valoración que reciben os profesionais que desempeñan as tarefas de educación ambiental.

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Nov 2019

Galería