SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O director xeral da UICN, o Seprona, a UME e a Deputación Foral de Gipuzkoa, premios Ecovidrio 2021

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O Doutor Bruno Oberle, máximo responsable da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, foi recoñecido como ‘Personalidade Ambiental Ecovidrio’ por ser un dos grandes impulsores da interrelación entre economía e medio ambiente.

Cerceda, a 27 de outubro de 2021.- O Doutor Bruno Oberle, director xeral da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), o Seprona, a UME e a Deputación Foral de Gipuzkoa foron galardoados no marco dos premios  Ecovidrio 2021, cos que se recoñecen a aquelas persoas e institucións cuxo labor contribúe en boa medida á transición cara a un futuro máis verde e sostible, marcado polo coidado do medio ambiente e por un modelo produtivo baseado na economía circular.

Bruno Oberle, que lidera actualmente a organización ambiental máis grande do mundo e é un dos padriños da interrelación entre economía e medio ambiente, foi recoñecido como ‘Personalidade Ambiental Ecovidrio’. Impulsor dalgún dos estudos ambientais máis relevantes dos últimos anos, como o Global Resources Outlook 2019 sobre as tendencias de uso dos recursos naturais e os seus patróns de consumo desde a década de 1970,  Oberle converteuse nun referente mundial no impulso da economía verde, coa particularidade de que xogou un papel crave no establecemento do Fondo Verde para o Clima ( GCF) e o Fondo para o Medio Ambiente Mundial ( FMAM).

O premio a ‘Maior Impacto Cidadán’ foi outorgado á Deputación Foral de Gipuzkoa, que logrou un desempeño exemplar en materia ambiental e, en concreto, en reciclaxe de residuos.

Pola súa banda, o premio ‘Ecólatras’ foi a parar este ano, e por primeira vez na historia dos Premios Ecovidrio como recoñecemento compartido, ao SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza) e á  UME (Unidade Militar de Emerxencias). Ambas as dúas entidades son recoñecidas polo seu arduo labor diario de protección do noso patrimonio natural, as intensas campañas de prevención e as súas intervencións polo coidado do medio ambiente e as persoas.

Concretamente, a especialización das unidades da UME e os seus máis de 15 anos velando pola seguridade e benestar dos cidadáns ante os sinistros naturais e catástrofes xeradas polo cambio climático, a fan merecedora deste galardón.

Pola súa banda, o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é un referente internacional e un servizo único entre os países da nosa contorna. Máis de 30 anos de traballo ao fronte da conservación da natureza, a prevención de incendios, a protección dos recursos hídricos e da riqueza cinexética, piscícola e forestal.

Fonte: Residuos Profesional

Imaxe:  Ecovidrio

27 Out 2021

Galería