SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"O Ecoráculo", un divertido xogo online de Sogama para promover a reciclaxe escolar

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Este instrumento pedagóxico inspirará aos escolares a exercer un papel activo na conservación do medio ambiente, ademais de dotalos das capacidades necesarias para influír no resto da poboación e levar a cabo unha tarefa educativa.
  • O Ecoráculo está conformado por tres perfiles baseados nos tres erres: os ecodelegados/ as, que son os que reducen; os ecovinventores/ as, que son os que reutilizan; e os ecorrecicladores/ as, que son os que reciclan.
  • A través dun novidoso test interactivo, os pequenos terán a oportunidade de descubrir o seu ecotalento e utilizalo para facer do planeta un lugar mellor.

Cerceda, a 19 de febreiro de 2021.- Sogama vén de lanzar un divertido xogo en liña concibido para os escolares dos 295 concellos adscritos ao seu modelo de xestión e, máis especificamente, para os que forman parte do seu programa “Recíclache con Sogama” 2020-2021. O obxectivo desta ferramenta lúdica é que os pequenos aprendan a separar os residuos en orixe e a depositalos nos contedores correspondentes para propiciar o seu posterior reciclado; un xesto co que poderán dar unha segunda vida aos produtos, propiciando o aforro de enerxía e materias primas virxes.

Baixo a denominación “O Ecoráculo”, este instrumento pedagóxico impulsaralles e inspirará a exercer un papel activo na conservación do medio ambiente e dotalos das capacidades necesarias para influír no resto da poboación e levar a cabo unha tarefa educativa.

A través dun novidoso test interactivo, os pequenos terán a oportunidade de descubrir o seu  ecotalento e utilizalo para salvar o mundo. De feito, na propia introdución enxálzase o poder dos máis novos e estimúlaselles a tomar as rendas do cambio: “O futuro do planeta é teu, lidérao! Fai este divertido test e descobre que  ecohéroe ou  ecoheroína levas dentro para facer da Terra un lugar mellor”.

MECÁNICA

O Ecoráculo está conformado por tres perfiles baseados nos tres erres: os  ecodelegados/as, que son os que reducen. Moi comprometidos co aforro, apagan sempre a luz ao saír de calquera estancia e fan listas de todo o que necesitan para evitar o malgaste. Resultan ser tamén os máis estudosos e  metódicos, saben como xestionar os recursos e poden exercer un labor de asesoramento nas súas familias e contorna social.

Os  ecoinventores/ as son os que reutilizan. Dan unha segunda oportunidade a todo: usan as follas polas dúas caras, apuran os lapis ata o final, etc. Son os máis creativos e imaxinativos. En casa ou en clase poderían axudar coas súas novas ideas.

Os  ecorrecicladores/ as son os que reciclan e identifícanse cos máis deportistas, activos e solidarios. Sérvenlles catro botes para montar un partido, recollen tapóns solidarios, pilas para propiciar a súa reciclaxe.

O test está conformado por preguntas pechadas que se contestan clicando nunha das tres respostas propostas, reforzadas con debuxos, imaxes ou iconas para facelas máis amenas. Polo camiño aprenderán moitos conceptos relacionados coa reciclaxe e boas prácticas, obtendo ao final, e como resultado, un rol que pode ser descargable ou imprimible co seu nome e un pequeno texto explicativo que lles anime a potenciar o seu talento.

Ligazón xogo: http://www.sogama.gal/ecoraculo/

Saúdos, Departamento de Comunicación

19 Feb 2021

Galería