SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O evento virtual promovido por ISWA “Rethinking Waste”, terá lugar os días 22 e 23 de setembro

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Ofrece un programa con paneis de expertos de alto nivel, chats de vídeo directos, sesións de traballo e mesmo unha cerimonia de entrega de premios.
  • As temáticas a abordar contemplan desde a recollida e tratamento de residuos ata a reciclaxe, a valorización enerxética, o peche de vertedoiros e a recuperación verde e ecolóxica.

Cerceda, a 11 de setembro de 2020.- Debido ao impacto da pandemia do COVID-19, o evento que, con carácter anual, vén promovendo ISWA, faise virtual. Baixo o lema “Rethinking Waste”, ISWA e Waste Management World (WMW) presentan unha exposición e foro online, abertos a todos os interesados e profesionais do sector dos residuos, e que terán lugar, da man de WEKA Industrie Medien, os próximos días 22 e 23 de setembro .

Malia o novo formato, ofrécese un programa con paneis de expertos de alto nivel, chats de vídeo directos, sesións de traballo e mesmo unha cerimonia de entrega de premios.

A cita terá lugar durante dous días para garantir que as persoas que se rexistren de todo o mundo teñan a oportunidade de asistir ás xornadas en vivo, e mesmo se gravarán a fin de que as sesións estean dispoñibles para a súa reprodución.

As temáticas para abordar contemplan desde a recollida e tratamento de residuos ata a reciclaxe, a valorización enerxética, o peche de vertedoiros e a recuperación verde e ecolóxica.

Todos os detalles do evento recóllense nesta ligazón web https://industriemedien.at/project/rethinking-waste/, onde se poderá acceder ao programa, zona de exposición,acomo ser expositor, como rexistrarse, cotas aplicados e outros datos de relevancia.

CARTEL DE RELATORES

Antonis Mavropoulos
PRESIDENT OF ISWA & FOUNDER OF D-WASTE

Ella Stengler
MANAGING DIRECTOR OF CEWEP (CONFEDERATION OF EUROPEAN WASTE-TO-ENERGY PLANTS)

David Biderman
EXECUTIVE DIRECTOR/CEO AT SOLID WASTE ASSOCIATION OF NORTH AMERICA (SWANA)

James Law
VICE PRESIDENT OF SCS ENGINEERS

Johnny Stuen
DIRECTOR OF PRODUCTION AT WASTE MANAGEMENT AGENCY

Sandra Mazo-Nix
MUNICIPAL SOLID WASTE INITIATIVE COORDINATOR CLIMATE & CLEAN AIR COALITION

Timothy Bouldry
DIRECTOR ISWA SCHOLARSHIP PROGRAMME

Marc Tijhuis
MANAGING DIRECTOR ISWA

Marco Ricci-Jürgensen
MANAGING DIRECTOR OF ALTEREKO SAS, CONSULTANCY ON RECYCLING AND WASTE MANAGEMENT

Jane Gilbert
CONSULTANT AT CARBON CLARITY, CO-FOUNDER OF THE EUROPEAN COMPOST NETWORK

Shannon Bouton
GLOBAL EXECUTIVE DIRECTOR, SUSTAINABLE COMMUNITIES AT MCKINSEY.ORG

Sarah Higginbotham
SENIOR COMMISSIONING EDITOR AT JOHN WILEY & SONS

Tato Bigio
CO-FOUNDER OF UBQ MATERIALS AND CEO OF UBQ ISRAEL

Pablo García Gonzalez
GENERAL MANAGER OF WEHRLE MEDIOAMBIENTE

Frank Natau
SENIOR EXPERT WASTE/WATER – AREA MANAGER

SOBRE ISWA

A Asociación Internacional de Residuos Sólidos (ISWA) é unha asociación global, independente e sen ánimo de lucro, que traballa para promover e desenvolver a xestión sostible de residuos. Ten membros en máis de 80 países e é a única asociación mundial que promove a xestión de residuos sostible e profesional.

O obxectivo de ISWA é o intercambio mundial de información e experiencia sobre todos os aspectos da xestión de residuos.

Pola súa banda, Waste Management World é a publicación oficial de ISWA e a única revista mundial que cobre todos os aspectos das industrias de recursos e residuos sólidos. Desde 2000, estiveron examinando os últimos desenvolvementos e innovacións dos sectores da reciclaxe, refugallos biolóxicos e a conversión de residuos en enerxías.

WEKA Industrie Medien GmbH é unha das editoriais líderes para tomadores de decisións en Austria con especial enfoque nos sectores industriais.

Fonte e imaxe: ATEGRUS

11 Set 2020

Galería