SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O futuro de Europa pasa por facer fronte ao cambio climático e limitar o dano ambiental

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Moitos dos participantes do terceiro panel europeo de cidadáns, que se reuniron entre o 1 e o 3 de outubro, mostráronse preocupados polos últimos desastres naturais en Europa e pola súa intensificación.
  • Defenderon que a UE debería educar ás persoas para vivir de forma máis sostible e fomentar os medios de transporte respectuosos co medio ambiente, así como a enerxía renovable.

Cerceda, a 13 de outubro de 2021.- Máis de 200 persoas reuníronse recentemente en Estrasburgo para intervir nunha serie de debates que definirán o rumbo das políticas europeas nos próximos anos.

Os participantes na Conferencia sobre o Futuro de Europa coincidiron en sinalar a necesidade de frear o quecemento global, prepararse para facer fronte ás consecuencias do cambio climático e limitar o dano ao medio ambiente.

COIDAR A CONTORNA E A SAÚDE

Moitos dos participantes do terceiro panel europeo de cidadáns, que se reuniron entre o 1 e o 3 de outubro, mostráronse preocupados polos últimos desastres naturais en Europa e a súa intensificación, o que achacan ao cambio climático. Defenderon que a Unión Europea debería educar ás persoas para vivir de forma máis sostible e fomentar os medios de transporte respectuosos co medio ambiente, así como a enerxía renovable.

No panel tamén se destacou o vínculo entre coidar o medio ambiente e a saúde das persoas, subliñando que a UE debe incluír na súa axenda o fomento da agricultura sostible e a comida de calidade para todos.

TEMÁTICAS A ABORDAR

Nas próximas reunións, os panelistas compartirán as súas ideas sobre como lograr estilos de vida máis saudables, protexer a biodiversidade, producir comida máis sa e segura, regular o consumo e reforzar os sistemas sanitarios europeos.

Estes temas divídense en cinco subgrupos para que se poidan tratar en profundidade:

  • Mellores formas de vivir
  • Protexer o noso medio ambiente e a nosa saúde
  • Redirixir a nosa economía e consumo
  • Cara a unha sociedade máis sostible
  • Saúde

O panel elixiu de forma aleatoria a 20 representantes que presentarán as súas suxerencias ao pleno da Conferencia que terá lugar os días 21 e 22 de xaneiro en Estrasburgo.

A segunda sesión do panel sobre cambio climático, medio ambiente e saúde reunirase de maneira virtual entre o 12 e o 14 de novembro e a última sesión terá lugar en Varsovia entre o 7 e 9 de xaneiro.

As recomendacións dos paneis axudarán a darlle forma ás conclusións da Conferencia, previstas para a primavera de 2022.

Fonte: Parlamento Europeo

Imaxe: Pexels

13 Out 2021

Galería