Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O gran reto da humanidade é a subministración da enerxía necesaria para un desenvolvemento sostible

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así o manifesta José María Fernández González, Xerente de PROMA, unha spin-off da Universidade de Granada centrada na asistencia técnica, asesoramento, investigación e desenvolvemento e aplicación de resultados no ámbito da enxeñería dos servizos urbanos e as Smart Cities.
  • Na actualidade, e a nivel estatal, esta firma desenvolve proxectos sobre aproveitamento de biogás xerado en instalacións de tratamento de residuos e tecnoloxías de tratamento da fracción orgánica, e atópase traballando nunha  plataforma web para medir a calidade da prestación dos servizos de limpeza viaria, recollida de residuos e mantemento de zonas verdes, etc.
  • PROMA aportou  o seu coñecemento na elaboración do Plan Nacional de Xestión Integral de Residuos de Panamá e, no caso da República Democrática do Congo, iniciaron os estudos preliminares para avaliar a viabilidade dunha planta de valorización enerxética para os residuos non reciclables.
  • A curto prazo, Fernández González móstrase escéptico respecto da capacidade de transitar cara á economía circular, pero confía en que o logren as novas xeracións, concienciadas coa situación de crise e deterioro ambiental.

Cerceda, a 8 de novembro de 2019.- José María Fernández González é un erudito no ámbito da sostibilidade, tal e como se reflicte na entrevista publicada recentemente no último número da Newsletter de Sogama.

Fala coa firmeza e a seguridade que aporta o coñecemento, o rigor e a súa dilatada experiencia profesional en enxeñería ambiental. Actualmente é Xerente de PROMA, Proxectos de Enxeñería Ambiental, unha spin-off da Universidade de Granada centrada na asistencia técnica, asesoramento, investigación e desenvolvemento, e aplicación de resultados no ámbito da enxeñería dos servizos urbanos e as Smart Cities. Non en van, desenvolve tecnoloxía e coñecemento para a toma de datos e aplicación de resultados no ciclo integral da auga, ciclo integral da xestión dos residuos, mobilidade urbana e eficiencia enerxética. Todo un compendio de ámbitos estreitamente ligados á economía circular.

PROXECTOS EN ESPAÑA E NO ESTRANXEIRO

A nivel estatal, atópase desenvolvendo diversos estudos e investigacións sobre o aproveitamento do biogás xerado en instalacións de tratamento e eliminación de residuos, así como en estacións depuradoras de augas residuais para a súa conversión en biometano a fin de que poida ser utilizado como combustible ou inxectado en redes de gas natural.

Así mesmo, traballa nunha plataforma web para medir a calidade da prestación dos servizos de limpeza viaria, recollida de residuos e mantemento de zonas verdes, proporciona a enxeñaría básica para o desenvolvemento dunha tecnoloxía de tratamento da materia orgánica dos residuos municipais mediante o uso de larvas de insectos e participou  recentemente na elaboración dun proxecto LIFE de investigación para biorremediación de solos contaminados con hidrocarburos mediante bioprodutos obtidos a partir da valorización de residuos agroalimentarios.

Pero o seu labor non se circunscribe unicamente ao territorio español. Aportou o seu coñecemento a elaboración do Plan Nacional de Xestión Integral de Residuos de Panamá e, no caso da República Democrática do Congo, deu  comezo aos traballos de caracterización dos residuos producidos na cidade de Kinshasa a fin de obter datos previos para o estudo de viabilidade dunha planta de produción de enerxía a partir dos residuos non reciclables. Un tratamento que José María Fernández defende sen paliativos fronte ao desmedido uso do vertedoiro (fonte de emisións de gases de efecto invernadoiro), xa que permite transformar o residuo nun recurso enerxético renovable de gran valor.

AS NOVAS XERACIÓNS, A ESPERANZA

Considera precisamente que, co crecemento da poboación e a súa maior concentración nas cidades, a demanda enerxética per cápita irá en aumento. De aí que considere que o gran reto da humanidade é o poder proporcionar a enerxía necesaria para o desenvolvemento humano de forma solidaria e sostible, debendo apostar a curto prazo polas fontes renovables como única opción para mitigar a crise climática.

Ao seu xuízo, e mentres se continúen socializando os custos ambientais da produción de enerxía e bens de consumo, vai resultar complicado que as grandes corporacións cambien o seu modelo de produción. De aí que, se ben considera que aínda estamos lonxe de pechar o círculo, ten fe nas novas xeracións. Concienciadas coa situación de crise e deterioro ambiental, veñen pegando forte, esixindo políticas eficientes no uso dos recursos, polo que, baixo o seu criterio, cabe espazo para o optimismo.

Saúdos, Departamento de Comunicación

8 Nov 2019

Galería