Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

O I Anuario da Economía Circular España 2018 sae á luz da man do Observatorio da Sostibilidade

Print this pagePrint this page
  • A análise realizada centrouse en indicadores cuantitativos da economía circular, obtendo así información de utilidade para o público en xeral e tamén para suxerir e orientar aos responsables públicos e sectores empresariais na toma de decisións.
  • Os resultados evidencian que aínda queda moito traballo por facer. Proba disto é que España presenta unha posición deficiente na avaliación cuantitativa xeral de 16 indicadores seleccionados por Eurostat.
  • No ámbito dos residuos, alúdese aos altos niveis de vertido do noso país, situándose nas últimas posicións da UE, xunto a Chipre, Malta e moitos Estados do Este, circunstancia que pon en risco o cumprimento dos obxectivos comunitarios en materia de xestión de residuos.
  • Neste sentido, recoméndase apostar por unha economía que peche os ciclos, que minimice o consumo de materiais e enerxía e que reduza emisións, que aposte polo ecodeseño, que reforce a investigación e o desenvolvemento, e que potencie as bolsas de subprodutos, así como as compras verdes.

Cerceda, a 10 de outubro de 2018.- O Observatorio da Sostibilidade presentou o I Anuario de Economía Circular de España 2018 e fíxoo no marco do Outubro Urbano auspiciado por Nacións Unidas como mes das cidades no Foro Permanente de Economía Circular do Gabinete de Historia Natural.

A análise realizada centrouse en indicadores cuantitativos da economía circular, obtendo así información de utilidade para o público en xeral e tamén para suxerir e orientar aos responsables públicos e sectores empresariais na toma de decisións de cara a abandonar o modelo de economía lineal e transitar cara a un circular no que se prime o máximo aproveitamento dos recursos.

Neste escenario, estudáronse cuestións de gran interese tales como a xestión de residuos, as taxas de produción e consumo, así como o comercio de materias primas reciclables, enxalzando o obxectivo da economía circular, que é precisamente pechar os ciclos dos materiais, posibilitando que estes permanezan na economía o maior tempo posible, e minimizar o seu uso.

En todo caso, trátase dunha análise extraordinariamente complexa, pero con grandes oportunidades para avanzar cara á sostibilidade a través do equilibrio entre os seus tres grandes soportes: o desenvolvemento económico, social e ambiental.

Os resultados evidencian que aínda queda moito traballo por facer. Proba disto é que España presenta unha posición deficiente na avaliación cuantitativa xeral de 16 indicadores seleccionados por Eurostat. Neste sentido, alúdese, por exemplo, a que o seu stress hídrico é un dos maiores de Europa, constatándose unha baixa produtividade no uso da auga e nos sistemas de depuración, e que as porcentaxes de reciclado, salvo en casos como os envases, vidro, madeira e papel, son aínda insuficientes, o que dispara os niveis de vertido, situándose España nas últimas posicións da UE, xunto a Chipre, Malta e moitos países do Este; unha circunstancia que pon en risco o cumprimento dos obxectivos comunitarios.

En canto ao uso de materias primas secundarias, o noso país presenta unha taxa de importación aceptable, pero unha escasa exportación. Pola súa banda, en competitividade e innovación, móstrase forte en porcentaxe de empregos vinculados á economía circular, pero débil en canto a investimento privado.

Respecto ao grado de cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, tamén resulta deficiente ou intermedio, con tendencias evolutivas moi afastadas do grado óptimo.

O informe alude a que as lagoas para a recompilación de datos en torno á economía circular danse sobre en todo en diversas correntes de residuos tales como os relacionados ao comercio electrónico, o desperdicio alimentario, e tamén no caso  da contratación pública verde.

RECOMENDACIÓNS

O anuario alude, no ámbito dos residuos, á necesidade de apostar por unha economía que peche os ciclos, minimice o consumo de materiais e enerxía e reduza emisións, que aposte polo ecodeseño en todos os procesos de fabricación, que reforce a investigación e o desenvolvemento, e que potencie as bolsas de subprodutos, así como as compras verdes. E que todos estes procedementos se inclúan no conxunto de políticas económicas das administracións, toda vez que “para unha transición ecolóxica é imprescindible unha economía circular”.

SOBRE O OBSERVATORIO DA SOSTIBILIDADE

Creado fai catro anos, o seu principal cometido é facer unha radiografía real, veraz e independente da situación de España baseado en indicadores e información cuantitativa en temas de sustentabilidade e proporcionar esta información á sociedade e os decisores, sempre coa vista posta nun futuro máis sostible.

Fonte: Retema

Imaxe: www.observatoriosostenibilidad.com

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Out 2018

Galería