SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O Instituto de Sostenibilidad promove unha xornada online sobre economía circular e residuos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Baixo o título “De residuos a novos produtos”, terá lugar nunha plataforma de formación virtual e poderase acceder á mesma a partir do próximo 4 de xuño.

Cerceda, a 2 de xuño de 2020.- A natureza non produce residuos, senón materias que se reincorporan noutros ciclos e procesos naturais. Con todo, o modelo de desenvolvemento e produtivo actual, ademais de produtos e subprodutos, tamén xera lixo, cuxo problema actual é a súa complexidade, volume e variedade de materias que o compoñen.

Neste marco, o Instituto de Sostenibilidad promove unha xornada virtual que, baixo o título “De Residuos a Novos Produtos", ten por obxecto profundar nas oportunidades que aporta a economía circular na área de residuos, así coma ofrecer exemplos prácticos que se poidan implementar.

A economía circular baséase no cambio do modelo produtivo desde o propio deseño a fin de minimizar a xeración de residuos e convertelos en novas materias primas ou recuperar os seus compoñentes, evitando así a extracción de recursos. Ofrece, polo tanto, un novo sistema de crecemento que favorece o equilibrio económico, ambiental e social.

Desde o Instituto de Sostenibilidad considérase que o enfoque debe estar no cambio de modelo lineal que impera actualmente cara a un circular que permita minorar os refugallos e tratalos como recursos

Esta xornada terá lugar nunha plataforma de formación online e poderase acceder á mesma a partir do próximo 4 de xuño. Os que teñan acceso premium poderán gozar dos contidos con vantaxes adicionais tales como participar nos espazos de networking ou descargar os documentos adicionais en formato dixital. As organizacións ou startups que transformen residuos en novos produtos desde a economía circular dispoñen dun acceso específico que lles permite presentar o seu proxecto ou actividade na xornada.

https://institutodesostenibilidad.es/

Fonte: Retema

Imaxe: Pixabay

2 Xuñ 2020

Galería