Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

O mellor residuo é o que non se produce

Print this pagePrint this page
  • Esta é a filosofía de Go Zero Waste App, unha aplicación enmarcada nun proxecto sen ánimo de lucro que se pretende lanzar para axudar aos cidadáns a reducir a cantidade de residuos que xeran no seu día a día.
  • O obxectivo é poñer a disposición dos interesados alternativas coas que crear listas da compra responsables, descubrir produtos zero waste, atopar tendas locais e establecementos con conciencia ecolóxica, acceder a opcións de entrega en domicilio e utilizar estatísticas verdes para medir o progreso.

Cerceda, a 10 de xaneiro de 2019.- O mellor residuo é o que non se produce. Esta é a filosofía de Go Zero Waste App, unha aplicación enmarcada nun proxecto sen ánimo de lucro que se pretende lanzar para axudar aos cidadáns a reducir a cantidade de residuos que xeran no seu día a día.

Concibida para sistemas Android e iOs, a App quere axudar a consumir menos e mellor a través de compras conscientes e responsables, e cunha dimensión local, toda vez que dan lugar a menos  refugallos e menos emisións de CO2 derivadas do transporte de mercancías en distancias longas.

É por isto que o obxectivo da aplicación é poñer a disposición dos interesados estratexias coas que poden crear a lista da compra en función dos produtos que necesitan para a semana ou o mes, descubrir os produtos zero waste de uso cotián que teñen ao seu alcance, acceder a menús e receitas para unha dieta saudable, con produtos ecolóxicos e de proximidade, atopar bares, restaurantes, hoteis e empresas con conciencia e metodoloxía Zero Waste, así como tendas locais que se atopen preto, crear unha ruta personalizada para chegar aos puntos de compra e aforrar tempo, conseguir descontos, acceder a opcións de entrega a domicilio e ata poder utilizar estatísticas verdes coas que calcular o lixo non xerado e medir o progreso.

De forma adicional, preténdese crear un espazo de comunidade con directorio dos mellores blogs, novas, podcasts, webs, tendas online, fotos e vídeos do mundo Zero Waste, así como unha axenda cos mellores eventos, mercados, festivais, talleres e cursos especializados na materia.

“Porque o mellor residuo é aquel que non se xera, pásate á vida Zero Waste, consome menos e mellor”, é o lema do equipo Go Zero Waste App, que busca apoios para esta iniciativa a través de crowdfunding.

Fonte e imaxe: www.gozerowaste.app

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Xan 2019

Galería