SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O prazo para a presentación de candidaturas a CirculArt conclúe o próximo 27 de setembro

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Organizado por European Recycling Platform, este certame está focalizado na sensibilización ambiental, o impulso da economía circular e a xestión responsable dos residuos a través da arte e a cultura.
  • As obras recibidas ata a data están inspiradas na redución, reutilización e reciclaxe de residuos en xeral.

Cerceda, a 23 de setembro de 2021.-  CirculArt, o I Certame nacional de Artes Plásticas centrado na sensibilización ambiental, o impulso da economía circular e a xestión responsable dos residuos a través da arte e a cultura, encara a súa recta final con preto de 80 obras recibidas xa a concurso. O prazo para a presentación das mesmas finaliza o próximo 27 de setembro.

Os artistas interesados en presentar os seus traballos a “CirculArt”, poden facelo a través da plataforma dixital mundoarti, accesible na web do certame (https://circul-art.es/participa/).

A exposición coas obras finalistas seleccionadas poderá visitarse no Centro Cultural Lope de Vega, de Madrid, entre os días 25 de outubro e 5 de novembro de 2021. O xurado contará coa participación dos artistas Miquel Aparici e Santi Flores.

O certame, organizado por European Recycling Platform, conta cun total de 9.000 euros en premios, dotados cada un deles con 1.500 euros e dous accésits de carácter honorífico. Ademais, as catro obras galardonadas optarán ao premio nacional de 3.000 euros, polo que o gañador nacional obterá un total de 4.500 euros.

As obras recibidas ata a data están inspiradas na redución da xeración de residuos en xeral, na reutilización e na reciclaxe, sempre baixo o prisma de sensibilizar á sociedade sobre estas prácticas. As técnicas utilizadas abarcan pintura, debuxo, escultura, fotografía, e mesmo técnicas mixtas e de colaxe.

Fonte e imaxe:  CirculArt

23 Set 2021

Galería