SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O programa escolar “Recíclate con Sogama” 2020-2021 entra na súa última fase

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Trala dotación de medios materiais, didácticos e lúdicos por parte de Sogama e a impartición de sesións formativas en cada un dos centros participantes nesta iniciativa, a empresa pública levará a cabo, o próximo mes, a terceira visita de seguimento.
  • Na mesma contémplase, de forma adicional, a caracterización dos materiais depositados nos distintos contedores que conforman as illas de reciclaxe a fin de cuantificar a calidade dos mesmos e a porcentaxe de impropios.

Cerceda, a 6 de abril de 2021.- Culminada a segunda visita de seguimento a todos os centros educativos que participan no programa “Recíclate con Sogama” 2020-2021, esta iniciativa adéntrase xa na súa terceira e última fase.

Tras recibir, no primeiro trimestre do curso académico, e de mans de Sogama, os medios materiais, didácticos e lúdicos para levar a cabo os seus proxectos de reciclaxe (contedores de recollida selectiva e composteiros para a transformación da materia orgánica en abono natural de alta calidade, presentacións, vídeos e xogos, tanto físicos como en liña), a principios deste mesmo ano impartíronse, por parte de educadores ambientais ao servizo da empresa pública, diversas sesións formativas nos  colexios participantes.

A pretensión das mesmas era afianzar coñecementos e despexar dúbidas, abordando temáticas tales como a necesidade de previr e reducir a produción de lixo, a importancia de levar a cabo un consumo responsable e tamén de poñer en práctica, cada día, o principio do tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe). Así mesmo, explicáronse os pormenores da actividade de Sogama, tanto na súa vertente industrial como institucional e social.

Recentemente efectuouse unha segunda visita de seguimento aos centros para comprobar a evolución dos seus traballos, dar resposta ás súas consultas e orientalos nos procesos de mellora. Na terceira e última visita, ademais de avaliar as accións desenvolvidas, realizarase unha mostraxe dos materiais depositados en cada un dos contedores de recollida selectiva a fin de comprobar a súa calidade e cuantificar a porcentaxe de impropios, é dicir, materiais que, dadas as súas características, non poderían ser depositados nos mesmos.

CENTROS ADSCRITOS

  • 3 da provincia de Lugo: CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, de Xove; CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos; e CEIP Plurilingüe do Corgo.
  • 5 da provincia de Pontevedra: CEIP Plurilingüe A Florida, de Sanxenxo; CEIP de Vilaxoán, de Vilagarcía de Arousa; CEIP Antonio Carpinteiro, de Arbo; CEP Altamira, de Salceda de Caselas; e CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, de Vigo.
  • 1 de Ourense: CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Ourense cidade.
  • 1 da provincia da Coruña: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, de Ferrol.

Saúdos, Departamento de Comunicación

6 Abr 2021

Galería