Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

O proxecto Libera lanza unha nova edición para caracterizar basuraleza no ámbito terrestre

Print this pagePrint this page
  • Baixo o título “1m2 polo campo, os bosques e o monte”, materializarase entre o 10 e o 16 de decembro.
  • Os voluntarios que participen na mesma utilizarán a app “E-Litter”, desenvolvida por Paisaje Limpio e Vertidos Cero, coa que poderán cuantificar os residuos abandonados.
  • Na primeira edición desta campaña lográronse caracterizar 48.000 m2 (case cinco hectáreas) grazas á colaboración de 25 colectivos que realizaron batidas en 80 puntos de España, permitindo que se estudasen máis de 12.000 obxectos que se atopaban abandonados.
  • O proxecto LIBERA está promovido por SEO/BirdLife, en colaboración con Ecoembes.

Cerceda, a 4  de decembro de 2018.- Baixo o título “1m2 polo campo, os bosques e o monte”, o proxecto LIBERA, promovido por SEO/BirdLife, en colaboración con Ecoembes, lanza unha nova campaña orientada a caracterizar basuraleza en contornas terrestres e impulsar desta forma a ciencia cidadá, pretendendo coñecer as causas e consecuencias que trae consigo arroxar residuos na contorna natural.

Esta segunda edición materializarase entre o 10 e o 16 de decembro, período no que os voluntarios recollerán datos a fin de realizar unha análise cuantitativa e cualitativa dos residuos abandonados en terra, tendo en conta que o 80% dos mesmos acaban no mar.

Durante as xornadas de recollida, os colectivos participantes utilizarán a app “E-Litter”, desenvolvida por Paisaje Limpio e Vertidos Cero. Non obstante, recibirán formación previa para coñecer o seu funcionamento e operar coas máximas garantías. A información integrarase na base de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Na primeira edición desta campaña lográronse caracterizar 48.000 m2 (case cinco hectáreas) grazas á participación e cooperación de 25 colectivos que realizaron batidas de recollida de datos e limpeza en 80 puntos de España, permitindo que se estudasen máis de 12.000 obxectos que se atopaban abandonados.

CABICHAS E PLÁSTICOS, OS RESIDUOS MÁIS FRECUENTES

É preciso recordar igualmente que durante a campaña “1m2 polas praias e os mares”, desenvolvida o pasado mes de setembro, conseguíronse recoller 22,75 toneladas de lixo e caracterizar da orde de 36.000 obxectos, sendo os refugallos máis habituais as cabichas, envoltorios e paus de bastonciños, panos de papel e botellas de plástico.  Pola súa banda,  a que se levou a cabo en marzo en 90 puntos fluviais co lema “1m2 polos ríos, embalses e pantanos”, posibilitou a recollida de preto de 17.000 obxectos, na súa maioría toalliñas, latas de bebida e tamén cabichas.

Fonte e imaxe: www.proyectolibera.org

Saúdos, Departamento de Comunicación

4 Dec 2018

Galería