Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

O solo, un prezado tesouro

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Hoxe celébrase o Día Mundial do Solo lembrando a súa importancia para a vida, pero, sobre todo, alertando sobre a súa delicada saúde.
  • Non en vam, a crecente presión sobre o mesmo levou a que aproximadamente o 33% dos solos do planeta estean degradados.
  • Sogama, na súa firme aposta pola sostibilidade, ten en marcha un ambicioso programa de compostaxe doméstica orientado a reciclar a materia orgánica en orixe e obter un abono de alta calidade, coa particularidade de que, en breve, entrará en operación a súa planta de compostaxe industrial, na que prevé elaborar un bo produto co mesmo fin.
  • Dúas iniciativas unidas por un único obxectivo: nutrir o solo, preservar a súa riqueza e protexer o medio ambiente.

Cerceda, a 5 de decembro 2017.-  Hoxe celébrase o Día Mundial do Solo coa pretensión de chamar a atención sobre a súa delicada saúde e, xa que logo, sobre as súas dificultades para proporcionar bens e servizos.

A crecente presión sobre os solos debido, entre outros factores, ao aumento da poboación, a demanda de alimentos e o uso da terra con distintos fins, levou a que, na actualidade, aproximadamente un 33% dos solos do planeta estean degradados. Unha situación que debe ser revertida coa axuda de todos.

A COMPOSTAXE, UNHA AXUDA

Sogama, na súa firme aposta pola protección do medio ambiente, tamén quixo achegar o seu gran de area na protección do solo. Aí está o seu ambicioso programa de compostaxe doméstica, en vigor desde o ano 2010, e ao que se atopan adheridas 229 entidades (entre concellos, centros escolares e colectivos sociais), tendo repartido entre as mesmas preto de 7.400 composteiros.

Pero o seu labor non se circunscribe unicamente á dotación de medios materiais, senón que a entidade leva a cabo un intenso labor informativo, formativo e educativo, que materializa a través de cursos presenciais e a edición e distribución de recursos didácticos e divulgativos orientados a instruír á poboación nas bondades da autocompostaxe desde o punto de vista ambiental, económico e social, lembrando de forma permanente os beneficios que reporta ao solo o abono obtido, natural e de alta calidade.

A reciclaxe da materia orgánica nas vivendas unifamiliares que contan con horta, xardín ou terras de cultivo xa se está convertendo en algo habitual no medio rural galego, e o efecto simpatía crece. Porque, ao fin e ao cabo, trátase de recuperar unha práctica tradicional no rural galego como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando ou elaboración de compost, pero dunha forma máis cómoda, áxil e moderna.

Os composteiros subministrados por Sogama, de 350 litros de capacidade cada un, e fabricados con materiais reciclables e reciclaxes, desempeñan unha importante función, permitindo ao usuario final realizar un traballo máis hixiénico e controlado, pero as posibilidades de fabricar composteiros artesanais con materiais de refugallo son múltiples e por esta vía optaron moitos veciños, facendo realidade o seu afán de reutilización.

Pero a achega de Sogama non queda aquí. En breve porá en marcha unha planta de compostaxe industrial, ubicada no seu vertedoiro de residuos non perigosos, e que conta con capacidade para 15.000 toneladas anuais, na que se procesará a materia orgánica recollida de forma diferenciada nos municipios limítrofes. O obxectivo é obter cada ano entre 3.000 e 4.000 toneladas de compost de boa calidade, aspirando a que, do mesmo xeito que o procedente da compostaxe doméstica, cumpra cos requisitos esixidos pola normativa vixente e poida ser aplicado na agricultura sen restricións e con absolutas garantías.

Una pequena axuda para preservar un dos nosos máis más prezados tesouros.

Imaxe: FAO

Saúdos, Departamento de Comunicación

5 Dec 2017

Galería